AGNOSCO VETERIS VESTIGIA FLAMEA: LATINA LINGUA ET CULTURA IN MEA VITA

20 de set. de 2012

CONTIGO APRENDÍN... LATÍN

Imos comezar as clases de Latín deste curso en clave humorística. Unha boa maneira de facelo é co popular dúo (antes trío) cómico "Martes y Trece", que se atreve a darnos toda unha orixinal clase de lingua latina. 
Escoitemos, pois, divirtámonos e aprendamos algo de Latín.


5 de set. de 2012

AVE, ROMA!


Un novo curso está por comezar e dende as páxinas deste blog anímovos, unha vez máis, a compartir e a gozar do legado que a cultura romana e a lingua latina nos deixaron como pegada na nosa vida e nas nosas linguas actuais.
Para aqueles que comezades a achegarvos a todos estes saberes, direivos que deixedes a mente aberta a todo o que Roma e o Latín vos poida ofrecer... Para os que xa comezastes a camiñar hai un ano ou dous por esas calzadas, ou paseastes polos foros, ou adorastes ás divindades nos templos, ou vos enfrontastes ás súas poderosas lexións, ou coñecestes que eran esas sonadas "declinacións" das que tanto escoitarades falar... non deixedes de facelo. Pois Roma, a "cidade eterna", a vella Roma, está aí, agardándovos un ano máis.