AGNOSCO VETERIS VESTIGIA FLAMEA: LATINA LINGUA ET CULTURA IN MEA VITA

30 de nov. de 2012

MITOS E LENDAS

"Mitos y Leyendas" é unha adaptación libre dos mitos clásicos que pretende introducir ao gran público no fascinante mundo da mitoloxía grecolatina.
Este programa, que se emite os domingos pola noite en La 2 de Televisión Española, consta dunha serie de 13 capítulos nos que se están a recrear mitos como os de Ulises, Aquiles, Hércules, Eneas ou Electra e que vos poden axudar a entender os códigos do mundo mítico da man de expertos filólogos, filósofos e actores.
Aquí vos deixo o enlace para que poidades acceder á páxina web do programa, onde atoparedes as recreacións deses mitos clásicos:


Velaquí algúns exemplos...

DÉDALO: A creatividade


ORFEO: O poder da palabra e da música


29 de nov. de 2012

EXPOSICIÓNS I (Metamorfoses, de Ovidio)

Poucas historias espertan emocións tan intentas como as dos mitos clásicos. Coa súa extraordinaria beleza e a súa admirable lucidez, as lendas grecolatinas póñennos en contacto con verdades eternas e expresan á perfección as nosas esperanzas, debilidades e ambicións.
Todas esas lendas, e moitas outras, foron narradas por Ovidio nas Metamorfoses, un libro que marabillou aos romanos da antigüidade e que deixou unha fonda pegada na cultura de Occidente.
Coas súas ironías e as súas traxedias, as súas ninfas esquivas e os seus reis atroces, os seus tolos amores e os seus abraios sen fin, as Metamorfoses aparécensenos como un retablo da vida humana que reflicte moi ben os que somos: xoguetes do destino enfrontados a un mundo cambiante, fráxiles criaturas escravizadas pola paixón, seres que buscan a felicidade nun camiño cheo de sombras.

Os alumnos de Latín de 1º de Bacharelato escolleron algún dos relatos desa obra e aquí volos presentan...


O DILUVIO
(por Alejandro Loureiro González)




FAETÓN E O CARRO DO SOL
(por Laura Martínez Carrodeguas)



LA VACA ERRANTE 
(por Andrea Camba Mirás)


LA VACA ERRANTE from lupemm



APOLO Y DAFNE
(por María Corral Santiveri) 
  

20 de nov. de 2012

VERBORUM NUBES (nubes de palabras)

Unha NUBE DE PALABRAS é unha representación visual das palabras que conforman un texto, onde o tamaño é maior para as palabras que aparecen con máis frecuencia.
Anímovos, imitando as que se vos presentan a continuación que xa percorren a rede, froito do traballo de alumnos de Cultura Clásica e de Latín doutros colexios, a que fagades algo semellante empregando as expresións e o vocabulario latino co que estades a traballar ao longo deste curso.


CUPIDO


CORONA


 AMOR


STELLA


TRIFOLIUM


NUBES


2 de nov. de 2012

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 3 - 4ºESO

Rematado xa o percorrido pola historia de Roma e polo proceso de romanización da Península Ibérica, imos comezar a analizar en detalle ao longo dos seguintes temas aspectos relacionados coa sociedade, a familia, o exército, a relixión, o cómputo do tempo, as cidades, os espectáculos e diversións, e a literatura... do pobo romano.
Comecemos, pois, polo principio... e preguntémonos cómo estaba constituída a sociedade e a familia romana, cómo se formalizaba o matrimonio, qué tipo de educación recibían os nenos romanos dende as idades máis tenras, cómo vestían homes e mulleres e cómo se alimentaban.
Se picades na sección "4ºESO", atoparedes as cuestións da UNITAS 3 ás que debedes dar resposta.