AGNOSCO VETERIS VESTIGIA FLAMEA: LATINA LINGUA ET CULTURA IN MEA VITA

20 de mar. de 2013

"INVICTUS. O correo do César"

Acábase de estrear a última curtametraxe realizada polo director Javier Fesser, na que participa un dos máis populares xogadores do panorama futbolístico actual, Pepe Reina.
Nesta película, o futbolista métese na pel dun dos mensaxeiros que tiña o Imperio Romano. O seu obxectivo é levar unha mensaxe a Roma, pero a cousa non sae ben e prodúcense situacións cómicas.
Aquí vola deixo para que botedes uns risos...



16 de mar. de 2013

EXPOSICIÓNS II (Metamorfoses, de Ovidio)

Poucas historias espertan emocións tan intentas como as dos mitos clásicos. Coa súa extraordinaria beleza e a súa admirable lucidez, as lendas grecolatinas póñennos en contacto con verdades eternas e expresan á perfección as nosas esperanzas, debilidades e ambicións.
Todas esas lendas, e moitas outras, foron narradas por Ovidio nas Metamorfoses, un libro que marabillou aos romanos da antigüidade e que deixou unha fonda pegada na cultura de Occidente.
Coas súas ironías e as súas traxedias, as súas ninfas esquivas e os seus reis atroces, os seus tolos amores e os seus abraios sen fin, as Metamorfoses aparécensenos como un retablo da vida humana que reflicte moi ben os que somos: xoguetes do destino enfrontados a un mundo cambiante, fráxiles criaturas escravizadas pola paixón, seres que buscan a felicidade nun camiño cheo de sombras.

Estes son os relatos que os alumnos de Latín de 1º de Bacharelato escolleron na segunda avaliación e aquí volos presentan...

BACO E OS GOLFIÑOS
(por Alejandro Loureiro González)

BACO E OS GOLFIÑOS from lupemm


O RAPTO DE PROSERPINA
(por Laura Martínez Carrodeguas)

O RAPTO DE PROSERPINA from lupemm


LA OSA MAYOR
(por María Corral Santiveri)

LA OSA MAYOR from lupemm


ECO Y NARCISO
(por Andrea Camba Mirás)

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 8 - 4ºESO

Á volta das vacacións de Semana Santa, traballaremos cos contidos da UNITAS 8, adicada ao ocio e aos espectáculos romanos.
Os Ludi eran xogos públicos celebrados en beneficio e para a diversión do pobo romano. Levábanse a cabo como parte de determinadas festas relixiosas na Antiga Roma, pero tamén como parte do culto estatal.
Achegarémonos a estes xogos (ludi circenses, ludi gladiatores e ludi scaenici), así como aos lugares onde tiñan lugar (circos, anfiteatros e teatros).
Para iso, deberedes dar resposta ás cuestións deste tema que atoparedes na sección "4ºESO".
 

13 de mar. de 2013

HABEMUS PAPAM !


HABEMUS PAPAM é unha expresión latina que significa "temos Papa". Esta expresión utilízaa o cardeal protodiácono para anunciar ao pobo romano e a todo o mundo a elección dun novo sumo pontífice.
O anuncio faise dende o balcón central da basílica de San Pedro no Vaticano. 

ANNUNTIO VOBIS GAUDIUM MAGNUM.
HABEMUS PAPAM:
EMINENTISSIMUM AC REVERENDISSIMUM DOMINUM,
DOMINUM.....................
SANCTAE ROMANAE ECCLESIAE CARDINALEM............................
QUI SIBI NOMEN IMPOSUIT......................................

Anúnciovos un gran gozo.
Temos Papa:
o eminentísimo e reverendísimo Señor,
Don.........................................
Cardeal da Santa Igrexa Romana.....................................
que se impuxo o nome de....................................... 

Tras o anuncio, o novo Papa preséntase á xente, pronuncia o seu primeiro discurso ao mundo despois do conclave e imparte a súa primeira beizón URBI ET ORBI ("para Roma e para o mundo").

Como vedes, o latín está de plena actualidade!!!

12 de mar. de 2013

O PULSO DAS HUMANIDADES

POR QUE ESTUDAR LATÍN EN ESO E BACHARELATO?

Botádelle un pulso ás HUMANIDADES e reflexionade sobre a importancia que ten aprender LATÍN.
Lonxe de ser retrógrado, o estudo do latín asociado ao estudo da vida social en Roma permítenos presupor cantas cousas cambiaron e cantas permanecen sorprendentemente coa mesma forma que daquela tiñan, moitas veces ata co mesmo nome...
O vídeo que a continuación vos propoño visionar vai adicado a todos aqueles que nestes momentos estades a cavilar sobre cales serán os estudos que escolleredes para realizar nos vindeiros anos.


9 de mar. de 2013

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 7 - 4ºESO

Na próxima semana comezamos o terceiro e último trimestre deste curso. 
A nivel teórico, iniciaremos un percorrido polos trazos caracterizadores dunha cidade romana: os ritos para a súa fundación, o seu trazado, as estruturas e construcións máis salientables (murallas, cloacas, acuedutos, edificacións públicas, edificacións privadas...).
Para traballar este tema, picade na sección "4ºESO", onde atoparedes as cuestións ás que deberedes dar resposta.