AGNOSCO VETERIS VESTIGIA FLAMEA: LATINA LINGUA ET CULTURA IN MEA VITA

16 de dec. de 2014

FELIX NATIVITAS!

Como vén sendo habitual por estas datas tan próximas ás festividades do Nadal e ao comezo do novo ano MMXV, dende este blog deséxovos todo o mellor...

OMNIBUS FELICEM NATIVITATEM
ET FAUSTUM ANNUM NOVUM OPTO!



16 de out. de 2014

FRASES CÉLEBRES DO CINEMA EN LATÍN

Vouvos propoñer a todos un exercicio... tanto para os noveis nestas lides do latín como para aqueles que xa levades un ou dous anos traballando con esta lingua.
De que vos soan as seguintes once imaxes? A que filmes corresponden? E os textos que aparecen nelas? Seriades capaces de traducilos?
Ánimo!!!

IMAXE 1


IMAXE 2
 


IMAXE 3
 


IMAXE 4
 


IMAXE 5
 


IMAXE 6
 


IMAXE 7
 


IMAXE 8
 


IMAXE 9
 


IMAXE 10
 


IMAXE 11


13 de feb. de 2014

TEATRO: "ANFITRIÓN. O NACEMENTO DE HÉRCULES"

O pasado martes 11 de febreiro, alumnos de 4ºESO e de Bacharelato que cursan a materia de Latín tiveron a oportunidade de asistir no Teatro Colón da cidade da Coruña á representación da peza teatral de ambientación romana "Anfitrión. O nacemento de Hércules", baseada na obra do comediógrafo latino Plauto e levada a escena polo compañía de teatro Noite Bohemia.
Nela, deuses e mortais mestúranse e intercambian os seus roles dando lugar a divertidos enredos traxicómicos.
A experiencia de achegamento dos alumnos aos clásicos grecolatinos a través do espazo escénico, entre moitos risos e gargalladas, cunha linguaxe pícara e toques modernos e actuais, resultou moi positiva. 
Grazas a todos os actores e actrices que tan bo momento nos fixeron pasar!!!


4 de feb. de 2014

APRENDE LATÍN CO BLOG "LATINE DISCE"


Estamos en plena época de exames, así que... se queredes practicar un pouco a declinación de palabras e a conxugación de verbos, envíovos o seguinte enlace, onde atoparedes o blog "LATINE DISCE" que vos ofrece os seguintes recursos para practicar o latín: dicionario básico latín-español; buscador de palabras latinas; exercicios e tests para practicar vocabulario, conxugación de verbos e declinación de palabras; enderezos de webs sobre latín e cultura clásica...


9 de xan. de 2014

PRÓXIMAS ESTREAS... GRECIA E ROMA NO CINEMA DO ANO 2014

Aquí vos deixo os tráilers de dous filmes que proximamente poderemos ver nas salas de cine e nos que Grecia e Roma van cobrar protagonismo.

"HÉRCULES: A LENDA COMEZA"




Na antiga Grecia do ano 1200 a.C., unha raíña sucumbe aos desexos de Zeus de ter un fillo, que estará chamado a derrotar ao tiránico goberno do rei e restaurar a paz. Hércules non sabe nada da súa verdadeira identidade ou destino. Pensa só nunha cousa, no amor da princesa que está prometida co seu irmán. Hércules verase na obriga de escoller entre fuxir co seu verdadeiro amor ou cumprir co seu destino e converterse no heroe máis portentoso do seu tempo.

"POMPEIA"



O monte Vesubio, unha das zonas volcánicas máis perigosas do mundo, entra en erupción. Nunha carreira por salvar a vida, un ousado e valente escravo dun barco entérase desta nova e fará todo o posible por volver a casa e asegurarse de salvar á súa amada e ao seu mellor amigo, un gran gladiador sen escapatoria do coliseo no centro da cidade.
Pero a batalla contra a nai natureza non será a única ameaza á que se terá que enfrontar por sacalos vivos de alí, xa que no seu camiño se cruzará cun senador romano sen conciencia nin corazón que mantén ao pobo baixo o seu xugo.
Unha historia de amor, loita e aventura de épicas proporcións que nos traslada a un dos sucesos que marcaron o devir da Antiga Roma.