AGNOSCO VETERIS VESTIGIA FLAMEA: LATINA LINGUA ET CULTURA IN MEA VITA

13 de feb. de 2014

TEATRO: "ANFITRIÓN. O NACEMENTO DE HÉRCULES"

O pasado martes 11 de febreiro, alumnos de 4ºESO e de Bacharelato que cursan a materia de Latín tiveron a oportunidade de asistir no Teatro Colón da cidade da Coruña á representación da peza teatral de ambientación romana "Anfitrión. O nacemento de Hércules", baseada na obra do comediógrafo latino Plauto e levada a escena polo compañía de teatro Noite Bohemia.
Nela, deuses e mortais mestúranse e intercambian os seus roles dando lugar a divertidos enredos traxicómicos.
A experiencia de achegamento dos alumnos aos clásicos grecolatinos a través do espazo escénico, entre moitos risos e gargalladas, cunha linguaxe pícara e toques modernos e actuais, resultou moi positiva. 
Grazas a todos os actores e actrices que tan bo momento nos fixeron pasar!!!


4 de feb. de 2014

APRENDE LATÍN CO BLOG "LATINE DISCE"


Estamos en plena época de exames, así que... se queredes practicar un pouco a declinación de palabras e a conxugación de verbos, envíovos o seguinte enlace, onde atoparedes o blog "LATINE DISCE" que vos ofrece os seguintes recursos para practicar o latín: dicionario básico latín-español; buscador de palabras latinas; exercicios e tests para practicar vocabulario, conxugación de verbos e declinación de palabras; enderezos de webs sobre latín e cultura clásica...