AGNOSCO VETERIS VESTIGIA FLAMEA: LATINA LINGUA ET CULTURA IN MEA VITA

19 de out. de 2015

SERIE DOCUMENTAL: "ENXEÑERÍA ROMANA"

"Enxeñería Romana" é unha serie documental sobre as prodixiosas obras que se construíron nas cidades do Imperio Romano. 
O primeiro capítulo, titulado "Cidades I", amosa como se erguía unha nova cidade romana a través de Tarraco (a Tarragona romana). No segundo capítulo, "Acuedutos", vese como se abastecía de auga ás cidades romanas grazas ao exemplo do acueduto de Nimes.
A emisión terá lugar este próximo sábado 24 de outubro de 2015 ás 17:15 h. en La 2 de TVE.
Máis información en: ENXEÑERÍA ROMANA
Aquí vos deixo o seu vídeo de presentación.

17 de xul. de 2015

CURSO DE LINGUA LATINA da UNED

Velaquí un vídeo educativo da UNED no que, mediante debuxos, se presentan distintas escenas da vida cotiá na Roma Clásica. A linguaxe empregada presenta funcións sintácticas básicas e unha morfoloxía sinxela para unha mellor comprensión. 



16 de dec. de 2014

FELIX NATIVITAS!

Como vén sendo habitual por estas datas tan próximas ás festividades do Nadal e ao comezo do novo ano MMXV, dende este blog deséxovos todo o mellor...

OMNIBUS FELICEM NATIVITATEM
ET FAUSTUM ANNUM NOVUM OPTO!



16 de out. de 2014

FRASES CÉLEBRES DO CINEMA EN LATÍN

Vouvos propoñer a todos un exercicio... tanto para os noveis nestas lides do latín como para aqueles que xa levades un ou dous anos traballando con esta lingua.
De que vos soan as seguintes once imaxes? A que filmes corresponden? E os textos que aparecen nelas? Seriades capaces de traducilos?
Ánimo!!!

IMAXE 1


IMAXE 2
 


IMAXE 3
 


IMAXE 4
 


IMAXE 5
 


IMAXE 6
 


IMAXE 7
 


IMAXE 8
 


IMAXE 9
 


IMAXE 10
 


IMAXE 11


13 de feb. de 2014

TEATRO: "ANFITRIÓN. O NACEMENTO DE HÉRCULES"

O pasado martes 11 de febreiro, alumnos de 4ºESO e de Bacharelato que cursan a materia de Latín tiveron a oportunidade de asistir no Teatro Colón da cidade da Coruña á representación da peza teatral de ambientación romana "Anfitrión. O nacemento de Hércules", baseada na obra do comediógrafo latino Plauto e levada a escena polo compañía de teatro Noite Bohemia.
Nela, deuses e mortais mestúranse e intercambian os seus roles dando lugar a divertidos enredos traxicómicos.
A experiencia de achegamento dos alumnos aos clásicos grecolatinos a través do espazo escénico, entre moitos risos e gargalladas, cunha linguaxe pícara e toques modernos e actuais, resultou moi positiva. 
Grazas a todos os actores e actrices que tan bo momento nos fixeron pasar!!!


4 de feb. de 2014

APRENDE LATÍN CO BLOG "LATINE DISCE"


Estamos en plena época de exames, así que... se queredes practicar un pouco a declinación de palabras e a conxugación de verbos, envíovos o seguinte enlace, onde atoparedes o blog "LATINE DISCE" que vos ofrece os seguintes recursos para practicar o latín: dicionario básico latín-español; buscador de palabras latinas; exercicios e tests para practicar vocabulario, conxugación de verbos e declinación de palabras; enderezos de webs sobre latín e cultura clásica...


9 de xan. de 2014

PRÓXIMAS ESTREAS... GRECIA E ROMA NO CINEMA DO ANO 2014

Aquí vos deixo os tráilers de dous filmes que proximamente poderemos ver nas salas de cine e nos que Grecia e Roma van cobrar protagonismo.

"HÉRCULES: A LENDA COMEZA"




Na antiga Grecia do ano 1200 a.C., unha raíña sucumbe aos desexos de Zeus de ter un fillo, que estará chamado a derrotar ao tiránico goberno do rei e restaurar a paz. Hércules non sabe nada da súa verdadeira identidade ou destino. Pensa só nunha cousa, no amor da princesa que está prometida co seu irmán. Hércules verase na obriga de escoller entre fuxir co seu verdadeiro amor ou cumprir co seu destino e converterse no heroe máis portentoso do seu tempo.

"POMPEIA"



O monte Vesubio, unha das zonas volcánicas máis perigosas do mundo, entra en erupción. Nunha carreira por salvar a vida, un ousado e valente escravo dun barco entérase desta nova e fará todo o posible por volver a casa e asegurarse de salvar á súa amada e ao seu mellor amigo, un gran gladiador sen escapatoria do coliseo no centro da cidade.
Pero a batalla contra a nai natureza non será a única ameaza á que se terá que enfrontar por sacalos vivos de alí, xa que no seu camiño se cruzará cun senador romano sen conciencia nin corazón que mantén ao pobo baixo o seu xugo.
Unha historia de amor, loita e aventura de épicas proporcións que nos traslada a un dos sucesos que marcaron o devir da Antiga Roma.
 

8 de dec. de 2013

XOGO DE MITOLOXÍA

Se queres poñer a proba os teus coñecementos sobre o Mundo Clásico e acadar o Olimpo, pica no enlace que aparece debaixo da seguinte imaxe e comeza a xogar...




1 de nov. de 2013

CANCIÓNS DE DEBUXOS ANIMADOS EN LATÍN

É o latín unha lingua morta? Pois semella que non cando hai xente que se dedica a traducir cousas tan peculiares como as cancións de películas de animación a esa lingua clásica.
Se queres comprobalo non tes máis que picar no seguinte enlace e aprenderás algo máis de latín:



25 de out. de 2013

APRENDE LATÍN CON "A VIDA DE BRIAN"

Escena mítica do grupo de humoristas británico Monty Python, extraída da longametraxe "A vida de Brian", que trata a historia dun neno que nace o mesmo día que Xesucristo e é varias veces confundido con El.
Pica para ver o vídeo que aparece a continuación e aprenderás algo de latín...


LATÍN..., PARA QUE?


23 de out. de 2013

FRASES E EXPRESIÓNS ÚTILES PARA VIAXAR Á ANTIGA ROMA

NOMEN MIHI EST... SALVE!: Ola! Chámome...
MAGNA CUM VOLUPTATE: Con moito gusto.
LAPSUS LINGUA FUIT: Foi un erro.
VOLO, NON VALEO: Encantaríame, mais non podo.
VADE RETRO: Marcha!
HAEC OMNIA?: Iso é todo?
QUO VADIS?: A onde vas?
MIHI IGNOSCE: Perdoe.
UBI SUM?: Onde estou?
AUXILIUM MIHI, SI PLACET?: Pode axudarme, por favor?
PACE TUA: Co seu permiso.
NECIOS QUID DICAS: Non sei de que me fala.
QUANTUM EST?: Canto custa?
HOC EST NIMIS!: É moi caro.

E moitas outras expresións... algo máis curiosas...

SALIVARIA GUMMIS: Goma de mascar.
VINOLENTIAM PROPENSIO: Alcoholismo.
LUCIS HORROR: Fotofobia.
HOMO MACHINA: Robot.
FOLLIUS PEDUNQUE LUDUS: Fútbol.
MEDICUS OCULARIUS: Oftalmólogo.
ARIUM, NARIUM GUTTURISQUE MEDICUS: Otorrinolaringólogo.
NICOTIANUM FUMUM SUGERE: Prohibido fumar.