AGNOSCO VETERIS VESTIGIA FLAMEA: LATINA LINGUA ET CULTURA IN MEA VITA

23 de feb. de 2013

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 17 - 2ºBACHARELATO

O tema 17 do libro está dedicado ao teatro romano e o autor escollido para profundar neste eido é o tan aclamado e recoñecido autor de comedias Plauto.
Na programación da materia de Latín II para as PAU ofrécesevos a posibilidade de que vos acheguedes á produción dramática deste comediógrafo a través da lectura de Aulularia ou Casina, ou a proxección da película Golfus de Roma
O martes 19 de febreiro xa tivemos a oportunidade de acudir á representación que o grupo teatral Noite Bohemia fixo de Casina e a proxección do filme Golfus de Roma terá lugar dentro dunhas semanas. 
Se queredes completar os vosos coñecementos sobre o autor, picade na sección "2ºBACH." e atoparedes a representación que o ano pasado fixo ese memo grupo teatral coruñés da obra Aulularia.

19 de feb. de 2013

TEATRO: "O SORTEO DE CÁSINA"


Hoxe tiven a oportunidade de acudir no Teatro Colón, xunto cun grupo de alumnos que cursan Latín en Bacharelato, á estrea de "O sorte de Cásina", comedia plautina levada ás táboas por Noite Bohemia, a Compañía de Teatro do Instituto Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña, especializada en teatro grecolatino e teatro clásico español.

Uns novísimos actores e actrices deron vida aos personaxes que Plauto deixou inmortalizados na súa obra "Casina": o vello de conduta licenciosa Lisídamo, a súa desconfiada e astuta esposa Cleóstrata, os veciños Mirrina e Alcésimo, os escravos Calino e Pardalisca, o granxeiro Olimpio e tres Musas.

Entre moitos risos, gargalladas e unha linguaxe pícara, con toques modernos e actuais, contáronnos a historia dun vello libertino que se namora dunha escrava chamada Cásina. O vello intenta casala cun granxeiro, escravo seu, con quen estipulou certas infames condicións. Outro dos seus escravos descobre á súa muller o repugnante e cínico acordo e o vello remata humillado e desprezado por todos.

Parabéns a todos eles polo bo labor feito e grazas por facernos pasar un rato moi agradable!!!

29 de xan. de 2013

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 6 - 4ºESO

A influencia da cultura romana na sociedade actual esténdese tamén a algo tan cotián como o cómputo do tempo, os nomes dos días da semana, dos meses... Quizais non reparamos nunca niso, afeitos como estamos a un sistema case perfecto, e que só precisa dalgún retoque cada tantos centos ou miles de anos. Pero non sempre foi así.
Os romanos comezaron cun ano de 10 meses e un número indeterminado de días. Logo viñeron os anos de 12 meses e 355 días e, por último, a gran reforma xuliana, que fixou a duración da traslación da Terra arredor do Sol nos 365 días e 6 horas da actualidade.
Para aprender algo máis, ide á "Sección 4ºESO" e atopade as respostas ás cuestións que alí vos aparecen sobre este tema.
E, se despois queredes poñer en práctica o aprendido, picade no seguinte enlace, onde encontraredes actividades relacionadas con este tema.



17 de xan. de 2013

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 16 - 2ºBACHARELATO

Estamos a traballar estes días o tema da lírica latina, un xénero literario que recolle todas as composicións poéticas que expresan emocións e sentimentos.
O nome de LÍRICA deriva da palabra grega "lyros", que era un instrumento musical de corda co que se acompañaban os poetas.
De feito, o xénero naceu ao amparo de danzas e melodías e, a medida que se foi desprendendo destas, volveuse máis complexo e intenso. Así, o baleiro musical compensábase coa perfección no uso das palabras. 

Como exemplo deste xénero, analizaremos composicións dos grandes poetas latinos, entre eles Catulo, Horacio, Ovidio...

Se picades na sección de 2ºBacharelato tedes uns vídeos coa recreación dalgúns textos poéticos deses grandes poetas clásicos.

15 de dec. de 2012

FELIX NATIVITAS ET FINIS ANNI! GAUDETE!



Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!
Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!

Tempus adest gratiae, hoc quod optabamus;
carmina laetitiae devote redamus.

Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!
Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!

Deus homo factus est, natura mirante;
mundus renovatus est, a Christo regnante.

Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!
Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!

Ezechiellis porta clausa pertransitur;
unde lux est orta, salus invenitur.

Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!
Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!

Ergo nostra concito psallat iam in lustro;
benedicat domino: salus regi nostro.

Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!
Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!

 

14 de dec. de 2012

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 5 - 4ºESO

A relixión romana, antes da extensión do cristianismo, carecía de principios morais elevados. O home romano era politeísta, supersticioso ata límites extremos e baseaba a súa relación cos deuses no temor.



Ímonos achegar ao mundo relixioso romano, cos seus cultos e as divindades máis representativas.
Picade na sección "4ºESO" e atoperedes as cuestións ás que debedes dar resposta. Ademais, na sección "VÍDEOS" poderedes ver un documental sobre o tema.


6 de dec. de 2012

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 4 - 4ºESO

Na UNITAS 4 do libro de texto imos traballar con cuestións relacionadas co exército romano, o instrumento do que Roma se serviu para conquistar primeiro e manter despois un imperio que abrangueu extensións territorios. 

Non sempre estivo ao mesmo nivel nin dominou en todo momento a técnica bélica, proba diso foron as diferentes derrotas que sufriu ao longo da súa historia. Con todo, tivo a gran virtude de non considerar nunca a derrota nunha batalla como a derrota total da guerra e, ademais, soubo aproveitar a experiencia para mellorar as técnicas e conseguir ser o poderoso exército que mantería unido durante varios séculos o Imperio Romano.

Na sección "4ºESO" tedes as cuestións ás que deberedes dar resposta e na sección "VÍDEOS" podedes visionar algunhas recreacións relacionadas co tema.


4 de dec. de 2012

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 15 - 2ºBACHARELATO

Estamos a traballar estes días o tema da épica latina, un xénero literario que xorde da admiración que o poeta sente ante personaxes de influencia colectiva.
Como exemplo deste xénero, analizaremos A Eneida, do poeta Virxilio, considerada a epopea nacional de Roma.

Se picades no seguinte enlace, veredes na sección de 2ºBacharelato uns vídeos co resumo do argumento dos doce cantos que compoñen esta obra.


 

TRABALLOS - LATÍN I - 1ºBACHARELATO - 2ªAVALIACIÓN

Rematamos  o primeiro trimestre do curso e toca comezar agora co segundo, no que teredes que elaborar unhas exposicións teóricas sobre aspectos relacionados coa organización política e social de Roma, coa construción das cidades e vivendas romanas, e sobre a familia romana, a educación e o ocio.
Individualmente, ademais, volveredes a realizar exposicións individuais sobre un relato do libro das Metamorfoses de Ovidio.
Se picades no seguinte enlace, accederedes directamente á páxina de 1ºBacharelato onde aparecen os guións do traballo común e os títulos a escoller para o traballo individual.


 

30 de nov. de 2012

MITOS E LENDAS

"Mitos y Leyendas" é unha adaptación libre dos mitos clásicos que pretende introducir ao gran público no fascinante mundo da mitoloxía grecolatina.
Este programa, que se emite os domingos pola noite en La 2 de Televisión Española, consta dunha serie de 13 capítulos nos que se están a recrear mitos como os de Ulises, Aquiles, Hércules, Eneas ou Electra e que vos poden axudar a entender os códigos do mundo mítico da man de expertos filólogos, filósofos e actores.
Aquí vos deixo o enlace para que poidades acceder á páxina web do programa, onde atoparedes as recreacións deses mitos clásicos:


Velaquí algúns exemplos...

DÉDALO: A creatividade


ORFEO: O poder da palabra e da música


29 de nov. de 2012

EXPOSICIÓNS I (Metamorfoses, de Ovidio)

Poucas historias espertan emocións tan intentas como as dos mitos clásicos. Coa súa extraordinaria beleza e a súa admirable lucidez, as lendas grecolatinas póñennos en contacto con verdades eternas e expresan á perfección as nosas esperanzas, debilidades e ambicións.
Todas esas lendas, e moitas outras, foron narradas por Ovidio nas Metamorfoses, un libro que marabillou aos romanos da antigüidade e que deixou unha fonda pegada na cultura de Occidente.
Coas súas ironías e as súas traxedias, as súas ninfas esquivas e os seus reis atroces, os seus tolos amores e os seus abraios sen fin, as Metamorfoses aparécensenos como un retablo da vida humana que reflicte moi ben os que somos: xoguetes do destino enfrontados a un mundo cambiante, fráxiles criaturas escravizadas pola paixón, seres que buscan a felicidade nun camiño cheo de sombras.

Os alumnos de Latín de 1º de Bacharelato escolleron algún dos relatos desa obra e aquí volos presentan...


O DILUVIO
(por Alejandro Loureiro González)




FAETÓN E O CARRO DO SOL
(por Laura Martínez Carrodeguas)



LA VACA ERRANTE 
(por Andrea Camba Mirás)


LA VACA ERRANTE from lupemm



APOLO Y DAFNE
(por María Corral Santiveri) 
  

20 de nov. de 2012

VERBORUM NUBES (nubes de palabras)

Unha NUBE DE PALABRAS é unha representación visual das palabras que conforman un texto, onde o tamaño é maior para as palabras que aparecen con máis frecuencia.
Anímovos, imitando as que se vos presentan a continuación que xa percorren a rede, froito do traballo de alumnos de Cultura Clásica e de Latín doutros colexios, a que fagades algo semellante empregando as expresións e o vocabulario latino co que estades a traballar ao longo deste curso.


CUPIDO


CORONA


 AMOR


STELLA


TRIFOLIUM


NUBES


2 de nov. de 2012

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 3 - 4ºESO

Rematado xa o percorrido pola historia de Roma e polo proceso de romanización da Península Ibérica, imos comezar a analizar en detalle ao longo dos seguintes temas aspectos relacionados coa sociedade, a familia, o exército, a relixión, o cómputo do tempo, as cidades, os espectáculos e diversións, e a literatura... do pobo romano.
Comecemos, pois, polo principio... e preguntémonos cómo estaba constituída a sociedade e a familia romana, cómo se formalizaba o matrimonio, qué tipo de educación recibían os nenos romanos dende as idades máis tenras, cómo vestían homes e mulleres e cómo se alimentaban.
Se picades na sección "4ºESO", atoparedes as cuestións da UNITAS 3 ás que debedes dar resposta.


23 de out. de 2012

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 2 (parte II) - 4ºESO

Continuamos no Tema 2 coa historia do pobo romano durante o período republicano e achegámonos á etapa do Imperio, para rematar cun breve percorrido polo proceso de romanización da Península Ibérica. Para ver as cuestións ás que debes dar resposta, pica na sección "4ºESO".