É o meu desexo achegarvos a partir do curso 2011/2012 un novo recuncho dedicado ás pegadas que a cultura romana e a lingua latina teñen deixado ou estean a deixar nas nosas vidas. Anímovos a que esteades atentos ás "latina vestigia" que vos rodean e que sexades quen de compartilas con todos nós.
Quero agradecervos dende aquí o marabilloso traballo que realizastes os alumnos de Latín de 1º de Bacharelato do curso 2010/2011, por serdes os primeiros que confiastes neste proxecto e que durante moitas horas do curso contribuístes a encher o primeiro blog da materia con numerosas "latina vestigia" que iades atopando no voso día a día e nas que nunca antes repararades.
Anímovos a que o sigades a facer e que contaxiedes co voso entusiasmo aos vosos compañeiros de 4ºESO e 1º de Bacharelato, aínda inexpertos ou non tan expertos na materia.
Por todo iso, GRAZAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario