AGNOSCO VETERIS VESTIGIA FLAMEA: LATINA LINGUA ET CULTURA IN MEA VITA

20 de mar. de 2013

"INVICTUS. O correo do César"

Acábase de estrear a última curtametraxe realizada polo director Javier Fesser, na que participa un dos máis populares xogadores do panorama futbolístico actual, Pepe Reina.
Nesta película, o futbolista métese na pel dun dos mensaxeiros que tiña o Imperio Romano. O seu obxectivo é levar unha mensaxe a Roma, pero a cousa non sae ben e prodúcense situacións cómicas.
Aquí vola deixo para que botedes uns risos...



16 de mar. de 2013

EXPOSICIÓNS II (Metamorfoses, de Ovidio)

Poucas historias espertan emocións tan intentas como as dos mitos clásicos. Coa súa extraordinaria beleza e a súa admirable lucidez, as lendas grecolatinas póñennos en contacto con verdades eternas e expresan á perfección as nosas esperanzas, debilidades e ambicións.
Todas esas lendas, e moitas outras, foron narradas por Ovidio nas Metamorfoses, un libro que marabillou aos romanos da antigüidade e que deixou unha fonda pegada na cultura de Occidente.
Coas súas ironías e as súas traxedias, as súas ninfas esquivas e os seus reis atroces, os seus tolos amores e os seus abraios sen fin, as Metamorfoses aparécensenos como un retablo da vida humana que reflicte moi ben os que somos: xoguetes do destino enfrontados a un mundo cambiante, fráxiles criaturas escravizadas pola paixón, seres que buscan a felicidade nun camiño cheo de sombras.

Estes son os relatos que os alumnos de Latín de 1º de Bacharelato escolleron na segunda avaliación e aquí volos presentan...

BACO E OS GOLFIÑOS
(por Alejandro Loureiro González)

BACO E OS GOLFIÑOS from lupemm


O RAPTO DE PROSERPINA
(por Laura Martínez Carrodeguas)

O RAPTO DE PROSERPINA from lupemm


LA OSA MAYOR
(por María Corral Santiveri)

LA OSA MAYOR from lupemm


ECO Y NARCISO
(por Andrea Camba Mirás)

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 8 - 4ºESO

Á volta das vacacións de Semana Santa, traballaremos cos contidos da UNITAS 8, adicada ao ocio e aos espectáculos romanos.
Os Ludi eran xogos públicos celebrados en beneficio e para a diversión do pobo romano. Levábanse a cabo como parte de determinadas festas relixiosas na Antiga Roma, pero tamén como parte do culto estatal.
Achegarémonos a estes xogos (ludi circenses, ludi gladiatores e ludi scaenici), así como aos lugares onde tiñan lugar (circos, anfiteatros e teatros).
Para iso, deberedes dar resposta ás cuestións deste tema que atoparedes na sección "4ºESO".
 

13 de mar. de 2013

HABEMUS PAPAM !


HABEMUS PAPAM é unha expresión latina que significa "temos Papa". Esta expresión utilízaa o cardeal protodiácono para anunciar ao pobo romano e a todo o mundo a elección dun novo sumo pontífice.
O anuncio faise dende o balcón central da basílica de San Pedro no Vaticano. 

ANNUNTIO VOBIS GAUDIUM MAGNUM.
HABEMUS PAPAM:
EMINENTISSIMUM AC REVERENDISSIMUM DOMINUM,
DOMINUM.....................
SANCTAE ROMANAE ECCLESIAE CARDINALEM............................
QUI SIBI NOMEN IMPOSUIT......................................

Anúnciovos un gran gozo.
Temos Papa:
o eminentísimo e reverendísimo Señor,
Don.........................................
Cardeal da Santa Igrexa Romana.....................................
que se impuxo o nome de....................................... 

Tras o anuncio, o novo Papa preséntase á xente, pronuncia o seu primeiro discurso ao mundo despois do conclave e imparte a súa primeira beizón URBI ET ORBI ("para Roma e para o mundo").

Como vedes, o latín está de plena actualidade!!!

12 de mar. de 2013

O PULSO DAS HUMANIDADES

POR QUE ESTUDAR LATÍN EN ESO E BACHARELATO?

Botádelle un pulso ás HUMANIDADES e reflexionade sobre a importancia que ten aprender LATÍN.
Lonxe de ser retrógrado, o estudo do latín asociado ao estudo da vida social en Roma permítenos presupor cantas cousas cambiaron e cantas permanecen sorprendentemente coa mesma forma que daquela tiñan, moitas veces ata co mesmo nome...
O vídeo que a continuación vos propoño visionar vai adicado a todos aqueles que nestes momentos estades a cavilar sobre cales serán os estudos que escolleredes para realizar nos vindeiros anos.


9 de mar. de 2013

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 7 - 4ºESO

Na próxima semana comezamos o terceiro e último trimestre deste curso. 
A nivel teórico, iniciaremos un percorrido polos trazos caracterizadores dunha cidade romana: os ritos para a súa fundación, o seu trazado, as estruturas e construcións máis salientables (murallas, cloacas, acuedutos, edificacións públicas, edificacións privadas...).
Para traballar este tema, picade na sección "4ºESO", onde atoparedes as cuestións ás que deberedes dar resposta.


23 de feb. de 2013

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 17 - 2ºBACHARELATO

O tema 17 do libro está dedicado ao teatro romano e o autor escollido para profundar neste eido é o tan aclamado e recoñecido autor de comedias Plauto.
Na programación da materia de Latín II para as PAU ofrécesevos a posibilidade de que vos acheguedes á produción dramática deste comediógrafo a través da lectura de Aulularia ou Casina, ou a proxección da película Golfus de Roma
O martes 19 de febreiro xa tivemos a oportunidade de acudir á representación que o grupo teatral Noite Bohemia fixo de Casina e a proxección do filme Golfus de Roma terá lugar dentro dunhas semanas. 
Se queredes completar os vosos coñecementos sobre o autor, picade na sección "2ºBACH." e atoparedes a representación que o ano pasado fixo ese memo grupo teatral coruñés da obra Aulularia.

19 de feb. de 2013

TEATRO: "O SORTEO DE CÁSINA"


Hoxe tiven a oportunidade de acudir no Teatro Colón, xunto cun grupo de alumnos que cursan Latín en Bacharelato, á estrea de "O sorte de Cásina", comedia plautina levada ás táboas por Noite Bohemia, a Compañía de Teatro do Instituto Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña, especializada en teatro grecolatino e teatro clásico español.

Uns novísimos actores e actrices deron vida aos personaxes que Plauto deixou inmortalizados na súa obra "Casina": o vello de conduta licenciosa Lisídamo, a súa desconfiada e astuta esposa Cleóstrata, os veciños Mirrina e Alcésimo, os escravos Calino e Pardalisca, o granxeiro Olimpio e tres Musas.

Entre moitos risos, gargalladas e unha linguaxe pícara, con toques modernos e actuais, contáronnos a historia dun vello libertino que se namora dunha escrava chamada Cásina. O vello intenta casala cun granxeiro, escravo seu, con quen estipulou certas infames condicións. Outro dos seus escravos descobre á súa muller o repugnante e cínico acordo e o vello remata humillado e desprezado por todos.

Parabéns a todos eles polo bo labor feito e grazas por facernos pasar un rato moi agradable!!!

29 de xan. de 2013

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 6 - 4ºESO

A influencia da cultura romana na sociedade actual esténdese tamén a algo tan cotián como o cómputo do tempo, os nomes dos días da semana, dos meses... Quizais non reparamos nunca niso, afeitos como estamos a un sistema case perfecto, e que só precisa dalgún retoque cada tantos centos ou miles de anos. Pero non sempre foi así.
Os romanos comezaron cun ano de 10 meses e un número indeterminado de días. Logo viñeron os anos de 12 meses e 355 días e, por último, a gran reforma xuliana, que fixou a duración da traslación da Terra arredor do Sol nos 365 días e 6 horas da actualidade.
Para aprender algo máis, ide á "Sección 4ºESO" e atopade as respostas ás cuestións que alí vos aparecen sobre este tema.
E, se despois queredes poñer en práctica o aprendido, picade no seguinte enlace, onde encontraredes actividades relacionadas con este tema.



17 de xan. de 2013

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 16 - 2ºBACHARELATO

Estamos a traballar estes días o tema da lírica latina, un xénero literario que recolle todas as composicións poéticas que expresan emocións e sentimentos.
O nome de LÍRICA deriva da palabra grega "lyros", que era un instrumento musical de corda co que se acompañaban os poetas.
De feito, o xénero naceu ao amparo de danzas e melodías e, a medida que se foi desprendendo destas, volveuse máis complexo e intenso. Así, o baleiro musical compensábase coa perfección no uso das palabras. 

Como exemplo deste xénero, analizaremos composicións dos grandes poetas latinos, entre eles Catulo, Horacio, Ovidio...

Se picades na sección de 2ºBacharelato tedes uns vídeos coa recreación dalgúns textos poéticos deses grandes poetas clásicos.

15 de dec. de 2012

FELIX NATIVITAS ET FINIS ANNI! GAUDETE!



Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!
Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!

Tempus adest gratiae, hoc quod optabamus;
carmina laetitiae devote redamus.

Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!
Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!

Deus homo factus est, natura mirante;
mundus renovatus est, a Christo regnante.

Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!
Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!

Ezechiellis porta clausa pertransitur;
unde lux est orta, salus invenitur.

Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!
Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!

Ergo nostra concito psallat iam in lustro;
benedicat domino: salus regi nostro.

Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!
Gaudete! Gaudete!
Christus est natus ex Maria virgine.
Gaudete!

 

14 de dec. de 2012

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 5 - 4ºESO

A relixión romana, antes da extensión do cristianismo, carecía de principios morais elevados. O home romano era politeísta, supersticioso ata límites extremos e baseaba a súa relación cos deuses no temor.



Ímonos achegar ao mundo relixioso romano, cos seus cultos e as divindades máis representativas.
Picade na sección "4ºESO" e atoperedes as cuestións ás que debedes dar resposta. Ademais, na sección "VÍDEOS" poderedes ver un documental sobre o tema.


6 de dec. de 2012

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 4 - 4ºESO

Na UNITAS 4 do libro de texto imos traballar con cuestións relacionadas co exército romano, o instrumento do que Roma se serviu para conquistar primeiro e manter despois un imperio que abrangueu extensións territorios. 

Non sempre estivo ao mesmo nivel nin dominou en todo momento a técnica bélica, proba diso foron as diferentes derrotas que sufriu ao longo da súa historia. Con todo, tivo a gran virtude de non considerar nunca a derrota nunha batalla como a derrota total da guerra e, ademais, soubo aproveitar a experiencia para mellorar as técnicas e conseguir ser o poderoso exército que mantería unido durante varios séculos o Imperio Romano.

Na sección "4ºESO" tedes as cuestións ás que deberedes dar resposta e na sección "VÍDEOS" podedes visionar algunhas recreacións relacionadas co tema.