AGNOSCO VETERIS VESTIGIA FLAMEA: LATINA LINGUA ET CULTURA IN MEA VITA

4º ESO

CUESTIÓNS TEÓRICAS
PREPARACIÓN EXAME GLOBAL DE SETEMBRO 2014

UNITAS I: A LINGUA LATINA
1. Como naceu o "latín"? Onde naceu e por onde se estendeu?
2. Que diferenzas existen entre o "latín culto" e o "latín vulgar"?
3. Como xorden as chamadas "linguas románicas"? Indica, de maneira esquemática, cales son, o bloque ao que pertencen e o espazo xeográfico que na actualidade ocupa cada unha delas.
4. Define os conceptos de: "palabra patrimonial", "cultismo", "semicultismo" e "dobrete".
5. Indica o significado dos seguintes prefixos de orixe latina: ANTE-, CIRCUN-, CO-, EX-, IN-/IM-, INTER-, SUB-, SUPER-, TRANS-.
6. Indica o significado dos seguintes sufixos de orixe latina: -AL, -BLE, -EIRO, -OSO, -TRIZ, -TUDE.
7. Indica o significado dos seguintes compostos de orixe latina: -CIDA, -VORO, EQUI-, OMNI-, API-, -FERO.
8. Explica os significados das seguintes expresións latinas: A.M. (ANTE MERIDIEM) - AVE, CAESAR, MORITURI TE SALUTANT - CASUS BELLI - CAVE CANEM - CURRICULUM VITAE - DE INCOGNITO - EX AEQUO - FACTA, NON VERBA - IN ALBIS - IN EXTREMIS - IPSO FACTO - MARE MAGNUM - MODUS VIVENDI - MOTU PROPRIO - NUMERUS CLAUSUS - PECCATA MINUTA - PER CAPITA - SUB IUDICE - TOTUM REVOLUTUM - VICE VERSA.

UNITAS II: A HISTORIA DE ROMA E A ROMANIZACIÓN DE HISPANIA
1. Indica a situación xeográfica de Italia e os seus principais accidentes xeográficos.
2. Quen foron Rómulo e Remo? Que relación tiveron, segundo a lenda, coa fundación de Roma?
3. En que ano se data a fundación da cidade de Roma? En que tres grandes períodos se pode dividir a súa historia? Enúnciaos, indicando os séculos que abranguen cada un deles.
4. Durante o período da Monarquía romana:
     a) Cantos reis tivo a cidade de Roma? Quen foron?
     b) Que poderes tiña o rei? Enúnciaos e defíneos brevemente.
     c) Que acontecemento marca o final desta etapa monárquica?
5. Durante a etapa da República romana:
     a) Nesta etapa desaparece a figura do rei e instáurase un sistema de goberno máis complexo. Por quen estaba formado?
     b) Neste período comeza a expansión territorial do poder romano por toda Italia. Que dous conflitos foron decisivos? Que territorios se anexionaron en cada un deles?
     c) Unha vez dominada Italia, Roma espallouse polo Mediterráneo, e aí tiveron lugar as coñecidas "Guerras Púnicas": Quen se enfrontou nelas? Resume brevemente o que aconteceu en cada unha delas.
     d) Mentres a expansión territorial polo exterior se desenvolvía, Roma converteuse nunha cidade caótica na que tiveron lugar tres grandes guerras sociais. Cales foron? Resúmeas brevemente.
6. Que era o "cursus honorum"?
7. Comenta as seguintes maxistraturas romanas: CÓNSUL - PRETOR - CUESTOR - CENSOR - EDIL - TRIBUNO DA PLEBE.
8. Que poderes tivo o Senado durante a República?
9. Responde ás seguintes cuestións sobre a figura de Caio Xulio César:
     a) A que familia ilustre pertencía?
     b) Onde comezou a súa carreira militar? E a senatorial?
     c) Con quen formou o primeiro triunvirato da historia de Roma? Que facción ou bando liderou? Que territorio lle tocou gobernar?
     d) A súa inimizade con Pompeio levouno a conquistar...
     e) No ano 45 a.C. controla xa todo o mundo romano. Que reformas introduce?
     f) Cal foi a causa da súa morte? Como se produciu? Cando tivo lugar?
10. Cando comeza a etapa coñecida como "Alto Imperio Romano"? Cando remata? Quen foi o primeiro emperador de Roma?
11. Cales foron as reformas máis salientables que introduciu no goberno do Imperio a chamada "pax augusta"?
12. Que emperadores formaron as dinastías XULIO-CLAUDIA, FLAVIA e ANTONINA?
13. Cando comeza a etapa coñecida como "Baixo Imperio Romano"? Cando remata?
14. Cales foron os grandes logros do emperador Constantino?
15. Á morte do emperador Teodosio o Grande, o Imperio Romano dividiuse definitivamente en...
16. Quen foi o último emperador romano de Occidente? Cando e por quen foi deposto do trono?
17. A parte oriental do antigo Imperio Romano perdurou, ata cando?
18. Cando comeza a romanización da Península Ibérica?
19. Unha vez conquistada e pacificada Hispania, os romanos impuxeron a súa organización política, administrativa, social e económica. De que maneira?
20. Os romanos organizaron o territorio de Hispania en "provincias". Cales foron durante a República? Durante o Alto Imperio? E durante o Baixo Imperio?
21. Cando finalmente cae o poder romano en Occidente, quen ocupa o seu lugar? En que século?


UNITAS III: A SOCIEDADE E A FAMILIA ROMANA
1. Os chamados "cidadáns romanos", en que clases se dividían? Coméntaas.
2. Como se chegaba a ser "escravo"? Como se podía acadar a liberdade? En que se convertía un escravo se conseguía ser libre?
3. Por que membros estaba formada unha familia patricia romana? Quen era o "pater familias"?
4. Para poñerlle o nome a un neno recén nacido, os romanos seguían o sistema dos "tria nomina": "praenomen", "nomen" e "cognomen". Define eses conceptos.
5. Como se chamaban as dúas maneiras que tiñan os romanos de formalizar o matrimonio? Que diferenzas existían entre elas?
6. Resume a cerimonia matrimonial.
7. En tempos da República e do Imperio, a educación tiña dous itinerarios, cales eran? Responde, atendendo aos alumnos, mestre/s e materias impartidas en cada un deles.
8. Cal era a prenda de vestir máis característica do home romano? Comenta os cinco tipos que hai.


UNITAS IV: O EXÉRCITO ROMANO
1. Que tres momentos decisivos viviu a organización do exército romano? Coméntaos brevemente.
2. Cales eran as armas defensivas dun soldado romano? E as ofensivas? Coméntaas.
3. Cales eran as unidades tácticas dunha lexión romana? Defíneas.
4. Como se construía un campamento romano? Cal era o seu trazado e as partes que o compoñían?


UNITAS V: A RELIXIÓN ROMANA
1. Que tres tipos de culto relixioso tiñan os romanos? Que diferenzas existían entre eles?
2. Cales eran as divindades propiamente romanas, arraigadas dende antigo na mentalidade popular? Que representaban?
3. Nomea as divindades do panteón clásico romano, colocándolle ao carón de cada unha delas as súas principais calidades e os seus atributos.


UNITAS VI: O CÓMPUTO DO TEMPO
1. Averigua as tres maneiras que empregaban os romanos para fixar o ano dun acontecemento.
2. Cantos eran e que nome recibían os meses do ano romano? Explica a súa etimoloxía (orixe dos nomes).
3. Cantos eran e que nome recibían os días da semana romana? Explica a súa etimoloxía.
4. Como databan os días de cada mes os romanos?
5. Como calculaban e fixaban as horas do día os romanos?


UNITAS VII: A CIDADE ROMANA
1. Como era o trazado ou deseño dunha típica cidade romana? Coméntao.
2. As murallas romanas, que finalidade tiñan?, como se construían?
3. No sistema de sumidoiros creado polos romanos, que eran as "cloacas"?, e as "latrinae"? Que funcións tiñan?
4. Con que finalidade construíron os romanos os chamados "acuedutos"? Descríbeos.
5. No "forum", centro neurálxico de toda cidade romana, ubicábanse moitos edificios públicos: o "capitolio", a "basílica", a "curia", as "tribunas" e os "mercados". Comenta a finalidade ou función de cada un deles para a vida romana.
6. Que era unha "domus" romana?
7. E unha "insula"? Comenta a súa estrutura.
8. Que era a "fundus"? Que dous tipos de construción se podían dar nela? Que diferenzas existían entre eses dous tipos de construcións?
9. Dentro da arquitectura relixiosa, como era o deseño dun templo romano?
10. Entre os edificios de uso público das cidades romanas salientan as "termas". Que finalidade tiñan? Como estaban construídas? Coméntao.
11. Cal foi o aporte romano máis importante no ámbito da escultura? Comenta os seus trazos caracterizadores.


UNITAS VIII: OS ESPECTÁCULOS E O OCIO ROMANOS
1. O circo: deseño, partes e espectáculos que tiñan lugar nel.
2. O anfiteatro: deseño, partes e espectáculos que tiñan lugar nel.
3. O teatro: deseño, partes e pezas teatrais que se adoitaban representar nel.


UNITAS IX: A LITERATURA LATINA
1. Fontes e soportes.
2. Etapas da literatura latina.
3. A épica latina.
4. O teatro latino.
5. A novela latina.




UNITAS I: 
A LINGUA LATINA

Responde ás seguintes cuestións tomando como base os contidos que aparecen no libro de texto entre as páxinas 5 e 14:

1. Que se coñece por "indoeuropeo"? Que relación ten co "latín"?

2. Como naceu o "latín"? Onde naceu e por onde se estendeu?

3. Cales son as principais etapas que se poden distinguir na historia da lingua latina? Noméaas, sitúaas cronoloxicamente e defíneas nunha única oración.

4. Que diferenzas existen entre o "latín culto" e o "latín vulgar"? 

5. Como xorden as chamadas "linguas románicas"? Cales son? Indica o bloque ao que pertence e o espazo xeográfico que na actualidade ocupa cada unha delas.

6.  Define os conceptos de: "palabra patrimonial", "cultismo", "semicultismo" e "dobrete".

7. Indica os prefixos de orixe latina que aparecen nos seguintes termos e indica os significados que aportan ás palabras que os levan: SUPERPOÑER - COOPERACIÓN - TRANSATLÁNTICO - ANTEBRAZO - CIRCUNLOQUIO - INTERNACIONAL - EXPOSICIÓN - INMORAL - SUBLIÑAR.

8. Indica os sufixos de orixe latina que aparecen nos seguintes termos e indica os significados que aportan ás palabras que os levan: AMOROSO - CARNICEIRO - MULTITUDE - CULPABLE - EMPERATRIZ - CAUSAL.

9. Indica os lexemas de orixe latina que aparecen nos seguintes termos e indica os significados que aportan ás palabras que os levan: HOMICIDA - CARNÍVORO - EQUIDISTANTE - OMNIPRESENTE - APICULTOR - ACUÍFERO.

10. Explica os cambios fonéticos que afectaron ás vogais dos seguintes étimos latinos e indica cal foi o resultado patrimonial actual (en galego ou en castelán): AUDIRE - PETRAM - LUPUM - SCHOLAM - PORTAM - BIBERE.

11. Explica os cambios fonéticos que afectaron ás consoantes dos seguintes étimos latinos e indica cal foi o resultado patrimonial actual (en galego ou en castelán): OCULUM - PLENUM - LACTEM - FILIUM - LUPUM - PLORARE.

12. Tendo en conta os latinismos e expresións latinas que aparecen nas páxinas 13 e 14 do libro de texto, completa as seguintes oracións coa forma máis adecuada das seguintes que se che proporcionan: A.M. (ANTE MERIDIEM) - AVE, CAESAR, MORITURI TE SALUTANT - CASUS BELLI - CAVE CANEM - CURRICULUM VITAE - DE INCOGNITO - EX AEQUO - FACTA, NON VERBA - IN ALBIS - IN EXTREMIS - IPSO FACTO - MARE MAGNUM - MODUS VIVENDI - MOTU PROPRIO - NUMERUS CLAUSUS - PECCATA MINUTA - PER CAPITA - SUB IUDICE - TOTUM REVOLUTUM - VICE VERSA.

a) Aínda que poñía _______________ na placa da porta, os ladróns forzárona e entraron na casa.
b) Dirixíndose ao emperador, berraron os condenados: _______________.
c) Quedaches ás 10 _______________ con ela? Non, quedei máis tarde.
d) Debes presentar o teu _______________ para optar a esa praza.
e) Aquela agresión constituíu un verdadeiro _______________.
f) O funámbulo mantivo o equilibrio _______________.
g) Non o penses máis; faino _______________.
h) Os futbolistas chegaron _______________ para evitar seren recoñecidos polos seus afeccionados.
i) No momento de comezar o exame non me lembraba de nada. Verdadeiramente quedei _______________.
j) Moito prometer, pero pouco cumprir. Quero _______________.
k) A María non lle gusta moito o traballo que ten, pero é o seu único _______________.
l) Ao saír do cine, entre o _______________ de xente, o neno perdeuse.
m) No certame o xurado declarou gañadores _______________ aos dous autores.
n) Fixérono _______________, pois ninguén llelo ordenou.
o) Debido ao _______________ da Facultade de Medicina, Xan non foi admitido.
p) Non podo pronunciarme sobre unha cuestión que aínda está _______________.
q) A renda _______________ no noso país aumentou considerablemente.
r) Todos os días vou dende o colexio a casa e _______________; fago moito deporte.
s) Como tiña a súa habitación...! Era un _______________.
t) Todo o que me contaches é _______________ ao lado do que me pasou a min.







UNITAS II: 
A HISTORIA DE ROMA 
e A ROMANIZACIÓN DE HISPANIA
(PARTE I)

Responde ás seguintes cuestións tomando como base os contidos que aparecen no libro de texto entre as páxinas 17 e 21:

1. Indica a situación xeográfica de Italia e os seus principais accidentes xeográficos.

2. Quen foi Eneas? Que relación tivo, segundo a mitoloxía, coa fundación de Roma?

3. Quen foron Rómulo e Remo? Que relación tiveron, segundo a lenda, coa fundación de Roma?

4. En que ano se data a fundación da cidade de Roma? En que tres grandes períodos se pode dividir a súa historia? Enúnciaos, indicando os séculos que abranguen cada un deles.

5. Durante a Monarquía romana:

5a) Cantos reis tivo a cidade de Roma? Quen foron?
5b) Que poderes tiña o rei? Enúnciaos e defíneos brevemente.
5c) Que papel xogaba o Senado nesta etapa?
5d) Que acontecemento marca o final desta etapa monárquica?

6. Durante a República romana:

6a) En que ano se instaura o período republicano? Cando remata?
6b) Nesta etapa desaparece a figura do rei e instáurase un sistema de goberno máis complexo. Por quen estaba formado?
6c) Que clases sociais se distinguían?
6d) Neste período comeza a expansión territorial do poder romano por toda Italia. Que dous conflitos foron decisivos? Que territorios se anexionaron en cada un deles?
6e) Unha vez dominada Italia, Roma espallouse polo Mediterráneo, e aí tiveron lugar as coñecidas "Guerras Púnicas": Quen se enfrontou nelas? Resume brevemente o que aconteceu en cada unha delas.
6f) Mentres a expansión territorial polo exterior se desenvolvía, Roma converteuse nunha cidade caótica na que tiveron lugar tres grandes guerras sociais. Cales foron? Resúmeas brevemente.






ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN
FICHA 1 - 1ª AVALIACIÓN

Para dar resposta ás actividades de investigación podedes botar man da información que aparece nos seguintes enderezos da rede:












UNITAS II: 
A HISTORIA DE ROMA 
e A ROMANIZACIÓN DE HISPANIA
(PARTE II)

Responde ás seguintes cuestións tomando como base os contidos que aparecen no libro de texto entre as páxinas 22 e 33:

1. Que era o "cursus honorum"?

2. Completa a información do seguinte cadro cos datos sobre as diferentes maxistraturas romanas que constitúen o "cursus honorum":

MAXISTRATURA
Nº DE PERSOAS
FUNCIÓNS
Cónsul

-
-
Pretor

-
- Tipos:
     - Urbanus:
     - Peregrinus:
Cuestor

-
-
Censor

-
Edil

-
Tribuno da plebe

-
-



3. Que cidadáns romanos podían formar parte do Senado? Que poderes tivo esta institución durante a República?

4. A participación popular no goberno republicano estivo representada polas "asembleas". Nomea os seus tipos.

5. Responde ás seguintes cuestións sobre a figura de Caio Xulio César:
5a. A que familia ilustre pertencía?
5b. Onde comezou a súa carreira militar? E a senatorial?
5c. Con quen formou o primeiro triunvirato da historia de Roma? Que facción ou bando liderou? Que territorio lle tocou gobernar?
5d. A súa inimizade con Pompeio levouno a conquistar...
5e. No ano 45 a.C. controla xa todo o mundo romano. Que reformas introduce?
5f. Cal foi a causa da súa morte? Como se produciu? Cando tivo lugar?

6. Tras a morte de Xulio César formouse un segundo triunvirato formado por...

7. Cando comeza a etapa coñecida como "Alto Imperio Romano"? Cando remata? Quen foi o primeiro emperador de Roma?

8. Cales foron as reformas máis salientables que introduciu no goberno do Imperio a chamada "pax augusta"?

9. Completa a información do seguinte cadro cos datos sobre as diferentes dinastías imperiais romanas:
       
DINASTÍAS IMPERIAIS ROMANAS
Familia
Emperadores
Xulio-Claudia
-
-
-
-
-
Flavia
-
-
-
Antonina
-
-
-
-
-
-


10. Cando comeza a etapa coñecida como "Baixo Imperio Romano"? Cando remata?

11. Cales foron as reformas sociais, económicas e políticas que realizou o emperador Diocleciano para estabilizar o Imperio?

12. Cales foron os grandes logros do emperador Constantino?

13. Á morte do emperador Teodosio o Grande, o Imperio Romano dividiuse definitivamente en...

14. Quen foi o último emperador romano de Occidente? Cando e por quen foi deposto do trono?

15. A parte oriental do antigo Imperio Romano perdurou, ata cando?

16. Cando comeza a romanización da Península Ibérica?

17. Unha vez conquista e pacificada Hispania, os romanos impuxeron a súa organización política, administrativa, social e económica. De que maneira?

18. Os romanos organizaron o territorio en "provincias". Cales foron durante a República? Durante o Alto Imperio? E durante o Baixo Imperio? 

19. Cando finalmente cae o poder romano en Occidente, quen ocupa o seu lugar? En que século?       

    




UNITAS III: 
A SOCIEDADE e A FAMILIA ROMANA

Responde ás seguintes cuestións tomando como base os contidos que aparecen no libro de texto entre as páxinas 37 e 42:

1. Que dúas grandes clases sociais se poden distinguir na primitiva Roma? Máis tarde, cal foi a estratificación social?

2. Os chamados "cidadáns romanos", en que clases se dividían? Coméntaas.

3. Como se chegaba a ser "escravo"? Como se podía acadar a liberdade? En que se convertía un escravo se conseguía ser libre?

4. Por que membros estaba formada unha familia patricia romana? Quen era o "pater familias"?

5. Para poñerlle o nome a un neno recén nacido, os romanos seguían o sistema dos "tria nomina": "praenomen", "nomen" e "cognomen". Define eses conceptos.

6. Como se chamaban as dúas maneiras que tiñan os romanos de formalizar o matrimonio? Que diferenzas existían entre elas?

7. Resume a cerimonia matrimonial.

8. Nos primeiros tempos da historia de Roma, quen se encargaba da educación dos nenos e nenas? Que tipo de educación recibían?

9. En tempos da República e do Imperio, a educación tiña dous itinerarios, cales eran? Completa o seguinte cadro coas diferenzas entre eles:
 
ITINERARIO
IDADE
MESTRE
MATERIAS





















10. Cal era a prenda de vestir máis característica do home romano? Comenta os cinco tipos que hai.

11. Cales eran as prendas de vestir máis comúns entre as mulleres romanas? Coméntaas.

12. Como se chamaban as principais comidas diarias dos romanos? Comenta os pratos dos que constaba a comida máis importante do día.          



  

 
UNITAS IV
O EXÉRCITO ROMANO

Responde ás seguintes cuestións tomando como base os contidos que aparecen no libro de texto entre as páxinas 45 e 48:

1. Que tres momentos decisivos viviu a organización do exército romano? Coméntaos brevemente a través dun esquema.

2. Dentro dos soldados romanos, podíanse distinguir os "lexionarios" e os "auxiliares". Cal era a diferenza entre eles?

3. Que prendas básicas constituían o uniforme dun soldado romano?

4. Cales eran as armas defensivas dun soldado romano? E as ofensivas? Coméntaas.

5. Nunha lexión romana, quen eran os "equites"?

6. Como estaba constituída a infantería pesada? E a lixeira?

7. Cales eran as unidades tácticas dunha lexión romana? Defíneas.

8. Como se construía un campamento romano? Cal era o seu trazado e as partes que o compoñían?    






UNITAS V
A RELIXIÓN ROMANA

Responde ás seguintes cuestións tomando como base os contidos que aparecen no libro de texto entre as páxinas 51 e 54:

1. Que tres tipos de culto relixioso tiñan os romanos? Que diferenzas existían entre eles?

2.  Cales eran as divindades ás que se lles rendía culto nos rituais familiares?

3. Os sacerdotes romanos agrupábanse en colexios segundo a súa misión. Cales eran e cal era esa misión?

4.  Cales eran as divindades propiamente romanas, arraigadas dende antigo na mentalidade popular? Que representaban?

5. Nomea as divindades do panteón clásico romano, colocándolle ao carón de cada unha delas as súas principais calidades e os seus atributos.

6. Escolle unha das divindades do panteón clásico romano e pescuda un mito no que apareza representada e xogue un papel principal.






UNITAS VI:
O CÓMPUTO DO TEMPO

Responde ás seguintes cuestións tomando como base os contidos que aparecen no libro de texto entre as páxinas 57 e 60:

1. Averigua as tres maneiras que empregaban os romanos para fixar o ano dun acontecemento.

2. Como se organizaba o ano para os romanos?

3. Cantas estacións se distinguían no ano romano e como se denominaban?

4. Cantos eran e que nome recibían os meses do ano romano? Explica a súa etimoloxía (orixe dos nomes).

5. Que eran para os romanos os "días fasti"? E os "días nefasti"?

6. Cales eran para os romanos os días festivos?

7. Cantos eran e que nome recibían os días da semana romana? Explica a súa etimoloxía.

8. Como databan os días de cada mes os romanos?

9. Como calculaban e fixaban as horas do día os romanos?

10. Escribe, seguindo o sistema do cómputo do tempo empregado polos romanos, as seguintes datas:

     a. O día do teu aniversario.
     b. O día do comezo e o día do remate deste curso.
     c. O día de Nadal e de Aninovo.
     d. O día do martes de Entroido deste ano 2014.
     e. O día do Domingo de Pascua deste ano 2014.
     f. O día de San Xoán.
     g. O día de Santiago. 
     h. O día de Todos os Santos.












UNITAS VII:
A CIDADE ROMANA

Responde ás seguintes cuestións tomando como base os contidos que aparecen no libro de texto entre as páxinas 63 e 71:

1. Cales eran os ritos da "inauguratio" dunha cidade romana?

2. Que era o "pomerium"?

3. Como era o trazado ou deseño dunha típica cidade romana? Coméntao.

4. Enumera as seis estruturas ou construcións que existían en toda cidade romana.

5. As murallas romanas, que finalidade tiñan?, como se construían? Menciona as que se conservan actualmente na Península Ibérica.

6. No sistema de sumidoiros creado polos romanos, que eran as "cloacas"?, e as "latrinae"? Que funcións tiñan?

7. Con que finalide construíron os romanos os chamados "acuedutos"? Descríbeos. Consérvase algún na Península Ibérica? Se é así, menciónao/s.

8. No "forum", centro neurálxico de toda cidade romana, ubicábanse moitos edificios públicos: o "capitolio", a "basílica", a "curia", as "tribunas" e os "mercados". Comenta a finalidade ou función de cada un deles para a vida romana.

9. Que era unha "domus" romana? Define as partes que a compoñen: "atrium", "impluvium", "lararium", "ianua", "vestibulum", "tabernae", "peristylum", "cubicula", "culina", "triclinium", "tablinum" e "lavatrina".

10. E unha "insula"? Comenta a súa estrutura.

11. Que era a "fundus"? Que dous tipos de construcións se podían dar nela? Que diferenzas existían entre eses dous tipos de construcións?

12. Cales foron as vías de comunicación máis importantes para os romanos? Cal era a súa finalidade? Que nome recibían?
 
13. Que tipo de construcións se atopaban neses vías de comunicación?

14. Dentro da arquitectura relixiosa, como era o deseño dun templo romano?

15. Entre os edificios de uso público das cidades romanas salientan as "termas". Que finalidade tiñan? Como estaban construídas? Coméntao.

16. Cales son os monumentos romanos conservados máis importantes dentro da arquitectura militar? Cal era a súa finalidade?

17. Cal foi o aporte romano máis importante no ámbito da escultura? Comenta os seus trazos caracterizadores.

18. Que eran os "mosaicos"? Que tipos había? Coméntaos.

              




UNITAS VIII:
O OCIO E OS ESPECTÁCULOS ROMANOS

Responde ás seguintes cuestións tomando como base os contidos que aparecen no libro de texto entre as páxinas 75 e 78:

1. O circo:
     1.1. Cal era o seu deseño?
     1.2. Comenta as súas partes: "cavea", "area", "espiña".
     1.3. Que espectáculos tiñan lugar nel? 
 
2. O anfiteatro:
     2.1. Cal era o seu deseño?
     2.2. Comenta as súas partes: "fossa bestiaria", "area", "cavea".
     2.3. Que espectáculos tiñan lugar nel?
     2.4. Existiron varios tipos de gladiadores. Como se distinguían?
 
3. O teatro:
     3.1. Cal era o seu deseño?
     3.2. Comenta as súas partes: "scaena", "orchestra", "cavea".
     3.3. Que pezas teatrais se adoitaban representar nel? Coméntaas.
 
4. Nomea unha pegada arqueolóxica de cada unha destas construcións que se conserve na actualidade.