AGNOSCO VETERIS VESTIGIA FLAMEA: LATINA LINGUA ET CULTURA IN MEA VITA

Filmes

HÉRCULES



A película narra a historia de Hércules, fillo de Xúpiter, que non é nin deus nin mortal e esta situación levouno a estar sempre sufrindo. Despois de doce difíciles labores e a perda dos membros da familia, toma a determinación de non obedecer máis aos deuses e atopar refuxio en brutais accións.
Mentres se levan a cabo as súas aventuras, vánselle unindo algunhas almas semellantes a el, que comparten o seu amor pola loita e a tenaz existencia da morte nas súas vidas. As almas non realizan preguntas, só lles preocupa coñecer canto diñeiro lles van pagar por combater. Estas foron contratadas polo rei de Tracia para que regresen ao seu exército: unha armada insuperable. Veremos a uns guerreiros renovados que se dean conta do erro que cometeron ou, pola contra, volverán da armada un grupo de despiadados asasinos?




A LEXIÓN DA AGUIA 


 


A acción sitúase en Britania, no século II d. C. Dous homes, un amo e o seu escravo, aventúranse alén da fronteira do mundo coñecido por aquel entón (marcada polo muro de Adriano) nunha busca tan obsesiva coma peligrosa que os levará até os límites da lealdade e a traizón, da amizade e o odio, do desengano e o heroísmo…

No ano 120 d.C., o Imperio Romano esténdese até Britania, aínda que o seu dominio non é completo dado que as tribos rebeldes de Caledonia (a actual Escocia) se fixeron fortes no norte. Marco Flavio Aquila chega a Britania, decidido a restaurar a empañada reputación do seu pai, Flavio Aquila. Hai vinte anos que os 5.000 homes da Novena Lexión, encabezados por Flavio e o famoso emblema de ouro, a aguia da Novena Lexión, marcharon cara o norte, a Caledonia. Nunca volveron. A lexión e o emblema desapareceron entre as brétemas das montañas. Furioso, o emperador Adriano mandou levantar un muro para pechar o territorio. O Muro de Adriano chegou a ser a fronteira máis septentrional do Imperio Romano, no límite do mundo coñecido.




Educado para converterse nun brillante soldado e ao mando dun pequeno fortín situado no suroeste da illa, Marco fai proba dun valor inconmensurable durante un asedio. Roma gábao, pero sepárao do servizo debido ás súas graves feridas. Marco, desmoralizado, convalece na "villa" do seu tío Aquila, un oficial retirado. Durante unha pelexa de gladiadores, Marco pide impulsivamente que se lle perdoe a vida a un xoven escravo, e Aquila compra ao britano Esca para regalarllo. Marco trata a Esca con desprezo, e o escravo odia todo o que é romano. Pero Esca xura servir ao home que lle salvou a vida.


Ao oír que a aguia de ouro foi vista nun templo do afastado norte, Marco decide actuar e, acompañado por Esca, chega dende Roma e cruza o Muro de Adriano para resolver o misterio e limpar a reputación do seu pai, o comandante da Novena Lexión. Descobre que os montes de Caledonia ocupan unha vasta e salvaxe rexión, onde se enfrontará a tribos salvaxes. Non lle queda máis remedio que fiarse do escravo se quere chegar ao seu destino. Atópanse con Guern, un ex lexionario romano, e Marco comprende que o misterio da desaparición do seu pai seguramente teña que ver coa identidade e lealdade do seu escravo. Descubrir o segredo faise máis apremiante cando ambos se enfrontan aos guerreiros do temible príncipe dos Foca.

En "A lexión da aguia" somos testemuñas do encontro de tres culturas: celta, britana e romana. A través de Marco e Esca, dous homes perdidos nunha misión que semella imposible, "A lexión da aguia" representa un imperio: ata onde chega a conquista?, ata onde se conquista o individuo e se cambia a súa cultura?




A ÚLTIMA LEXIÓN

 

A película está libremente inspirada nos acontecementos do século V, coa caída do Imperio Romano Occidental baixo o seu último emperador, Rómulo Augústulo. Isto únese a outros feitos da historia ocorridos en Gran Bretaña e elementos fantásticos sobre a lenda do Rei Arturo para darlle unha base á lenda artúrica.
A historia comeza pouco antes da coroación de Rómulo como emperador no ano 470. Seu pai, Flavio Orestes, é o xeneral xefe do exército romano. Odoacro, líder do exército federado bárbaro, fai certas demandas a Orestes a noite anterior á coroación, que Orestes rexeita.
O día da coroación, Roma é atacada polos bárbaros, que matan a Orestes, e Rómulo refúxiase en Capri co seu conselleiro Ambrosino. Mentres, en Capri, atopa a espada mítica Excalibur e queda con ela.
Rómulo é rescatado de Capri polo leal xeneral Aurelio e algúns lexionarios superviventes, acompañados por unha guerreira bizantina chamada Mira. Buscan axuda dos bizantinos, pero danse conta de que os traizoaron e se desfixeron de Odoacro. Rómulo e Aurelio deciden buscar un refuxio en Gran Bretaña, onde a IX Lexión continúa sendo leal a Roma.
Ao final da película Aurelio e Mira sobreviven á batalla, e adoptan a Rómulo como seu fillo. Rómulo acaba sendo o pai do rei Pendragón, proxenitor do rei Arturo. Igualmente descóbrese que Ambrosino era o mago Merlín.


BEN-HUR


A acción transcorre en Xudea, no ano 30. O Imperio Romano, amo e señor do mundo daquela coñecido, goberna con man de ferro os seus extensos territorios, entre eles Xudea, sometendo con dureza aos seus moradores. Estes desexan a chegada dun novo Mesías que liberará ao pobo xudeu do xugo romano. Entre eles Judá Ben-Hur (Charlton Heston), un príncipe rico que comercia con especias de Oriente a Roma, un home respectado e crente na fe do seu pobo e no seu Deus.
Non obstante, os tempos andan revoltos e témese un levantamento violento contra o poder romano, ao que este responde co envío de dúas lexións baixo o mando do xefe militar, Messala (Stephen Boyd), antigo amigo da infancia de Ben-Hur.
Judá Ben-Hur ve en Messala un amigo e tamén unha posibilidade de cambio para o seu pobo, unha esperanza para o entendemento e o respecto. Pero, pola contra, Messala ve o seu vello amigo como o home que "sinalará" aos inimigos xudeus de Roma pola súa pasada amizade. Con todo, Ben-Hur négase ao trato e Messala, anoxado, rompe a relación.
Ben-Hur, temeroso do seu amigo o tribuno, sabe que deberá ter coidado de agora en diante. Pero virá un golpe de mala sorte: a súa única irmá, Tirzah, apóiase no borde da terraza da súa casa e unha tella despréndese ao paso da comitiva que leva ao gobernador, provocando que este se golpee ao caer xunto co seu cabalo, e este incidente, pese a ser accidental, faino prisioneiro coa súa nai e a súa irmá do seu antigo amigo, que o acusa de atentar contra o novo gobernador de Xudea, Valerio Grato. Judá é enviado ao porto de Tiro, sen xuízo, como galeote nunha galera. Ben-Hur xura vingarse de Messala aínda que iso lle leve toda a vida.
Na súa viaxe ao porto, Judá coñecerá a Xesús de Nazaret, quen lle dará auga. Xa na galera, Ben-Hur coñecerá a Quinto Arrio, primeiro cónsul de Roma, a quen salvará a vida nunha batalla naval na que a galera naufraga. Como gratitude a Judá, Quinto Arrio adoptarao como fillo seu, e obtén riquezas e títulos. Non obstante, a pesar das riquezas, do poder e da gloria de Roma, Ben-Hur sabe que ten un xuramento que cumprir e que non pode agardar máis tempo. É a hora da vinganza...
No seu camiño a Xerusalén, Ben-Hur coñecerá a Baltasar e ao jeque Ilderim, un comerciante árabe. De Baltasar aprenderá que hai alguén en quen crer, un Mesías, fillo de Deus, que liberará aos hombres da súa ira e do seu odio. Pola contra, do jeque descubrirá que Messala participa nas carreiras de cuadrigas e, na area do circo, onde a morte non é un delito...
Alimentado polo seu odio, Judá reta a Messala nas carreiras e, por outro lado, busca a súa nai e irmá. Ao regresar a Xerusalén, descobre que todo o que coñecera quedou reducido a ruínas, que a súa familia desapareceu e que a única explicación que ten é a da filla dun escravo seu, chamada Esther, a quen Judá amaba profundamente.
Tras condenar a Judá ás galeras, Messala non só confiscou todos os bens de Ben-Hur, senón que se ensañou coa súa nai e irmá encerrándoas nos calabozos. Coa nova da chegada de Judá e o seu reto, Messala, tenso, manda buscar á familia de Judá. Para a súa sorpresa, tantos anos nunha cela inmunda nos recónditos calabozos fixeron que enfermaran de lepra...
Judá, cheo de cólera e odio no seu interior, debátese interiormente entre a súa vinganza cara o seu verdugo e a súa antiga amizade da infancia. Pero Judá sabe que Messala non vai cambiar e que a súa única opción de resarcirse é poder ver o seu corpo mutilado na arena do circo. Para iso, correrá na carreira de cuadrigas. Aí vencerá a Messala, quen rematará por caer do seu carro, sendo atropelado e pisoteado por outro. Co corpo inzado en sangue, estará condenado definitivamente á súa morte. 
Esta escena da carreira de cuadrigas é unha das máis famosas da historia do cine. 
Messala, nun último alento, comunícalle que a súa nai e a súa irmá están vivas, pero que están no val dos leprosos. Polo tanto, como Judá sabe, están condenadas a unha morte lenta e horrible.
Judá, desolado, percorre as rúas de Xerusalén con súa nai, irmá, e Esther. El accede ao requerimento insistente desta para que sexan curadas polo Rabí de Galilea, a quen escoitou predicar e obrar marabillas, mentres unha procesión de xente acompaña a berros a marcha dos novos crucificados, entre eles un home que unha vez deu de beber ao noso heroe. Ben-Hur, como agradecemento, trata de lle devolver a súa axuda con agua, pero un soldado romano tira a agua antes de que Xesús poida beber e ter un pouco de alento na súa pesada carga.
Este encontro, e o feito de presenciar despois a crucifixión do home que un día o salvou de morrer, farán que Judá atope a paz e mitigue a súa ira a través do perdón. Regresa aínda baixo a catarse do que presenciou cando ve que a súa irmá e a súa nai curaron milagrosamente. E fundidos nunha grande aperta, desbórdase a alegría.







CENTURIÓN

 

Centurión é un apaixonante ‘thriller’ ambientado en Gran Bretaña nos primeiros anos despois de Cristo. Nel, Quinto, único supervivente dun salvaxe ataque a un forte fronteirizo romano, únese á famosa IX Lexión do xeneral Virilo na súa marcha cara o norte para aniquilar ás aterradoras tribos coñecidas como os pictos.

Tras un ataque por sorpresa, Virilo é feito prisioneiro e Quinto terá que loitar por sobrevivir tras as liñas inimigas cun reducido grupo de soldados nunha carreira por salvar o seu xeneral, evitar a captura e burlar á morte. 





GLADIATOR

 

No ano 185, o Imperio Romano domina o mundo coñecido. Tras a vitoria sobre os bárbaros, o vello emperador Marco Aurelio (Richard Harris) decide transferir o poder a Máximo (Russell Crowe), bravo xeneral dos seus exércitos e fiel militar leal ao imperio, pero o seu fillo Cómodo (Joaquin Phoenix) non o acepta, polo que inicia unha loita de poder que deixa a Máximo e á súa familia condenados á morte. O poderoso xeneral non pode salvar a súa familia, e a súa perda de vontade fai que sexa capturado e posto como Gladiador para gañarse a vida. O único desexo que o mantén con vida é a posibilidade de regresar e vingarse do home que executou a súa familia.





GOLFUS DE ROMA

Cando un astuto escravo, mentireiro, preguiceiro, ocorrente e trampulleiro descobre que o fillo do seu amo está namorado dunha xoven virxe, ofrécelle a súa axuda para conquistala se a cambio lle condede a liberdade. Pero os amoríos vense obstaculizados por asombrosas sorpresas, inxeniosos disfraces e unha tola carreira de cuádrigas.





QUO VADIS?

Cando regresa a Roma, despois de tres anos no campo de batalla, o xeneral Marco Vinicio namórase de Lygia. Ela é cristiá e as súas crenzas impídenlle namorarse dun guerreiro. Aínda que foi adoptada por un xeneral retirado, xuridicamente é unha escrava de Roma. Pero Marco consegue que o emperador Nerón lla ceda en pago polos seus servizos.





CLEOPATRA


O vitorioso Xulio César vese na obriga de viaxar a Exipto coa fin de evitar a guerra civil provocada pola falta de orde entre Cleopatra VII e o seu irmán, ambos monarcas do Imperio exipcio. Axiña César quedará abraiado pola ferocidade e beleza da muller, facéndoa raíña indiscutible de Exipto e, tras o nacemento do seu fillo Cesarión, a súa esposa lexítima.




A CAÍDA DO IMPERIO ROMANO


Viena, ano 189 d.C. As tropas de Marco Aurelio sitúanse nas proximidades do río Danubio. O emperador e o seu conselleiro Timónides reciben aos reis e procónsules do Imperio para anunciarlles que o emperador vai delegar o poder no xeneral Livio e non no seu fillo Cómodo. Marco Aurelio morre envelenado e Livio renuncia ao cargo en favor do seu amigo Cómodo, quen lle encomenda a defensa do Imperio ante a mirada desgustada de Lucila, tamén filla de Marco Aurelio, que deberá casar co rei de Siria, Sohamus, para controlar aos inimigos do leste.
Livio, coa axuda de Timónides, convence ao xefe dos bárbaros, Ballomar, de aceptar a cidadanía romana. No Senado de Roma vótase a favor da paz romana, desencadeando a ira do emperador Cómodo, que acepta obrigado e envía a Livio á fronteira leste, e a Lucila a Siria.
Lucila e Sohamus rebélanse contra o Imperio. Cómodo volve a chamar a Livio para sufocar a rebelión. Sohamus morre na batalla. Cómodo proponlle a Livio gobernaren xuntos, a cambio de que crucifique aos sublevados derrotados. Este négase. O emperador manda asasinar aos bárbaros. Timónides perece no asalto. Livio é encarcerado e os seus amigos traizóano a cambio de ouro. Cómodo ofrécelle a Livio a oportunidade de salvar a súa vida nun improvisado cuadrilátero. Livio vénceo. O pobo aclama a Livio como eemperador, pero este declina a oferta, furioso pola neglixencia dun Senado e unha cidadanía dobregada aos designios de Cómodo.







A INVASIÓN DOS BÁRBAROS


Cethegus, líder da nobreza romana, viaxa a Bizancio para reunirse co emperador Xustiniano, e intentar reunir un exército que poida marchar sobre os godos. Cethegus planea enfrontar os dous bandos para que pelexen e se destrúan mutuamente, e así as súas propias forzas poidan despois tomar o control total.