AGNOSCO VETERIS VESTIGIA FLAMEA: LATINA LINGUA ET CULTURA IN MEA VITA

8 de dec. de 2013

XOGO DE MITOLOXÍA

Se queres poñer a proba os teus coñecementos sobre o Mundo Clásico e acadar o Olimpo, pica no enlace que aparece debaixo da seguinte imaxe e comeza a xogar...




1 de nov. de 2013

CANCIÓNS DE DEBUXOS ANIMADOS EN LATÍN

É o latín unha lingua morta? Pois semella que non cando hai xente que se dedica a traducir cousas tan peculiares como as cancións de películas de animación a esa lingua clásica.
Se queres comprobalo non tes máis que picar no seguinte enlace e aprenderás algo máis de latín:



25 de out. de 2013

APRENDE LATÍN CON "A VIDA DE BRIAN"

Escena mítica do grupo de humoristas británico Monty Python, extraída da longametraxe "A vida de Brian", que trata a historia dun neno que nace o mesmo día que Xesucristo e é varias veces confundido con El.
Pica para ver o vídeo que aparece a continuación e aprenderás algo de latín...


LATÍN..., PARA QUE?


23 de out. de 2013

FRASES E EXPRESIÓNS ÚTILES PARA VIAXAR Á ANTIGA ROMA

NOMEN MIHI EST... SALVE!: Ola! Chámome...
MAGNA CUM VOLUPTATE: Con moito gusto.
LAPSUS LINGUA FUIT: Foi un erro.
VOLO, NON VALEO: Encantaríame, mais non podo.
VADE RETRO: Marcha!
HAEC OMNIA?: Iso é todo?
QUO VADIS?: A onde vas?
MIHI IGNOSCE: Perdoe.
UBI SUM?: Onde estou?
AUXILIUM MIHI, SI PLACET?: Pode axudarme, por favor?
PACE TUA: Co seu permiso.
NECIOS QUID DICAS: Non sei de que me fala.
QUANTUM EST?: Canto custa?
HOC EST NIMIS!: É moi caro.

E moitas outras expresións... algo máis curiosas...

SALIVARIA GUMMIS: Goma de mascar.
VINOLENTIAM PROPENSIO: Alcoholismo.
LUCIS HORROR: Fotofobia.
HOMO MACHINA: Robot.
FOLLIUS PEDUNQUE LUDUS: Fútbol.
MEDICUS OCULARIUS: Oftalmólogo.
ARIUM, NARIUM GUTTURISQUE MEDICUS: Otorrinolaringólogo.
NICOTIANUM FUMUM SUGERE: Prohibido fumar.

22 de out. de 2013

UNHA CHISCA DE "HUMOR LATINO"

O debuxante chileno Alberto Montt inspirouse nalgunhas ocasións para as súas viñetas humorísticas en motivos da cultura clásica.
Anímovos a que intentedes traducir as que aparecen a continuación e botedes uns risos...

 
Baco sometido á proba de alcoholemia e multado por un axente de tráfico
cando volve dunha bacanal celebrada na súa honra.

 
Ás veces, é mellor ignorar...

Todos precisamos dun xenio nalgún momento...
e mais se é coma Einstein!

Medusa, unha das tres gorgonas, petrificaba coa súa mirada
e tiña serios problemas cos seus perruqueiros.

FESTINA LENTE...
sobre todo se non vas polo bo camiño!

 Os matemáticos e os seus problemas...

13 de set. de 2013

SALVETE, ROMA AETERNA VOBIS SALUTEM DICIT

Un ano máis... e xa van uns cantos dende que un grupo de alumnos decidiu crear un blog no que puidesen reflectir as achegas coas que a cultura e a civilización romana contribuíu a ser quen hoxe somos.

Por iso, e en agradecemento a eses primeiros alumnos que comezaron esta andaina, vai dende aquí o meu máis sincero agradecemento e o desexo de que neste vindeiro curso sexan moitos máis os que colaboren e se acheguen a ese legado lingüístico e cultural romano que son o LATÍN e ROMA.

Sen máis, sede todos benvidos ao curso que comeza e... 

AVE, ROMA, 
DISCIPULII LATINAE LINGUAE TE SALUTANT!!!


12 de xuño de 2013

EXPOSICIÓNS III (Metamorfoses, de Ovidio)

Poucas historias espertan emocións tan intentas como as dos mitos clásicos. Coa súa extraordinaria beleza e a súa admirable lucidez, as lendas grecolatinas póñennos en contacto con verdades eternas e expresan á perfección as nosas esperanzas, debilidades e ambicións.
Todas esas lendas, e moitas outras, foron narradas por Ovidio nas Metamorfoses, un libro que marabillou aos romanos da antigüidade e que deixou unha fonda pegada na cultura de Occidente.
Coas súas ironías e as súas traxedias, as súas ninfas esquivas e os seus reis atroces, os seus tolos amores e os seus abraios sen fin, as Metamorfoses aparécensenos como un retablo da vida humana que reflicte moi ben os que somos: xoguetes do destino enfrontados a un mundo cambiante, fráxiles criaturas escravizadas pola paixón, seres que buscan a felicidade nun camiño cheo de sombras.

Estes son os relatos que os alumnos de Latín de 1º de Bacharelato escolleron na terceira avaliación e aquí volos presentan...

ORFEO EN LOS INFIERNOS
(por Andrea Camba Mirás)




ADONIS Y VENUS
(por María Corral Santiveri)




EL HILO DE ARIADNA Y LAS ALAS DE ÍCARO
(por Alejandro Loureiro González)




AS DÚAS LOUCURAS DO REI MIDAS
(por Laura Martínez Carrodeguas)




29 de maio de 2013

ARDE LVCVS MMXIII

Festa que se celebra en Lugo (a antiga Lucus Augusti), na que se revive o pasado romano e castrexo da cidade amurallada, e que xurdiu para conmemorar a súa fundación.
Este ano, terá lugar durante os días 14, 15 e 16 de xuño.

Para máis información... aquí vos deixo un enlace coa súa programación:



20 de mar. de 2013

"INVICTUS. O correo do César"

Acábase de estrear a última curtametraxe realizada polo director Javier Fesser, na que participa un dos máis populares xogadores do panorama futbolístico actual, Pepe Reina.
Nesta película, o futbolista métese na pel dun dos mensaxeiros que tiña o Imperio Romano. O seu obxectivo é levar unha mensaxe a Roma, pero a cousa non sae ben e prodúcense situacións cómicas.
Aquí vola deixo para que botedes uns risos...



16 de mar. de 2013

EXPOSICIÓNS II (Metamorfoses, de Ovidio)

Poucas historias espertan emocións tan intentas como as dos mitos clásicos. Coa súa extraordinaria beleza e a súa admirable lucidez, as lendas grecolatinas póñennos en contacto con verdades eternas e expresan á perfección as nosas esperanzas, debilidades e ambicións.
Todas esas lendas, e moitas outras, foron narradas por Ovidio nas Metamorfoses, un libro que marabillou aos romanos da antigüidade e que deixou unha fonda pegada na cultura de Occidente.
Coas súas ironías e as súas traxedias, as súas ninfas esquivas e os seus reis atroces, os seus tolos amores e os seus abraios sen fin, as Metamorfoses aparécensenos como un retablo da vida humana que reflicte moi ben os que somos: xoguetes do destino enfrontados a un mundo cambiante, fráxiles criaturas escravizadas pola paixón, seres que buscan a felicidade nun camiño cheo de sombras.

Estes son os relatos que os alumnos de Latín de 1º de Bacharelato escolleron na segunda avaliación e aquí volos presentan...

BACO E OS GOLFIÑOS
(por Alejandro Loureiro González)

BACO E OS GOLFIÑOS from lupemm


O RAPTO DE PROSERPINA
(por Laura Martínez Carrodeguas)

O RAPTO DE PROSERPINA from lupemm


LA OSA MAYOR
(por María Corral Santiveri)

LA OSA MAYOR from lupemm


ECO Y NARCISO
(por Andrea Camba Mirás)

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 8 - 4ºESO

Á volta das vacacións de Semana Santa, traballaremos cos contidos da UNITAS 8, adicada ao ocio e aos espectáculos romanos.
Os Ludi eran xogos públicos celebrados en beneficio e para a diversión do pobo romano. Levábanse a cabo como parte de determinadas festas relixiosas na Antiga Roma, pero tamén como parte do culto estatal.
Achegarémonos a estes xogos (ludi circenses, ludi gladiatores e ludi scaenici), así como aos lugares onde tiñan lugar (circos, anfiteatros e teatros).
Para iso, deberedes dar resposta ás cuestións deste tema que atoparedes na sección "4ºESO".
 

13 de mar. de 2013

HABEMUS PAPAM !


HABEMUS PAPAM é unha expresión latina que significa "temos Papa". Esta expresión utilízaa o cardeal protodiácono para anunciar ao pobo romano e a todo o mundo a elección dun novo sumo pontífice.
O anuncio faise dende o balcón central da basílica de San Pedro no Vaticano. 

ANNUNTIO VOBIS GAUDIUM MAGNUM.
HABEMUS PAPAM:
EMINENTISSIMUM AC REVERENDISSIMUM DOMINUM,
DOMINUM.....................
SANCTAE ROMANAE ECCLESIAE CARDINALEM............................
QUI SIBI NOMEN IMPOSUIT......................................

Anúnciovos un gran gozo.
Temos Papa:
o eminentísimo e reverendísimo Señor,
Don.........................................
Cardeal da Santa Igrexa Romana.....................................
que se impuxo o nome de....................................... 

Tras o anuncio, o novo Papa preséntase á xente, pronuncia o seu primeiro discurso ao mundo despois do conclave e imparte a súa primeira beizón URBI ET ORBI ("para Roma e para o mundo").

Como vedes, o latín está de plena actualidade!!!

12 de mar. de 2013

O PULSO DAS HUMANIDADES

POR QUE ESTUDAR LATÍN EN ESO E BACHARELATO?

Botádelle un pulso ás HUMANIDADES e reflexionade sobre a importancia que ten aprender LATÍN.
Lonxe de ser retrógrado, o estudo do latín asociado ao estudo da vida social en Roma permítenos presupor cantas cousas cambiaron e cantas permanecen sorprendentemente coa mesma forma que daquela tiñan, moitas veces ata co mesmo nome...
O vídeo que a continuación vos propoño visionar vai adicado a todos aqueles que nestes momentos estades a cavilar sobre cales serán os estudos que escolleredes para realizar nos vindeiros anos.


9 de mar. de 2013

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 7 - 4ºESO

Na próxima semana comezamos o terceiro e último trimestre deste curso. 
A nivel teórico, iniciaremos un percorrido polos trazos caracterizadores dunha cidade romana: os ritos para a súa fundación, o seu trazado, as estruturas e construcións máis salientables (murallas, cloacas, acuedutos, edificacións públicas, edificacións privadas...).
Para traballar este tema, picade na sección "4ºESO", onde atoparedes as cuestións ás que deberedes dar resposta.


23 de feb. de 2013

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 17 - 2ºBACHARELATO

O tema 17 do libro está dedicado ao teatro romano e o autor escollido para profundar neste eido é o tan aclamado e recoñecido autor de comedias Plauto.
Na programación da materia de Latín II para as PAU ofrécesevos a posibilidade de que vos acheguedes á produción dramática deste comediógrafo a través da lectura de Aulularia ou Casina, ou a proxección da película Golfus de Roma
O martes 19 de febreiro xa tivemos a oportunidade de acudir á representación que o grupo teatral Noite Bohemia fixo de Casina e a proxección do filme Golfus de Roma terá lugar dentro dunhas semanas. 
Se queredes completar os vosos coñecementos sobre o autor, picade na sección "2ºBACH." e atoparedes a representación que o ano pasado fixo ese memo grupo teatral coruñés da obra Aulularia.

19 de feb. de 2013

TEATRO: "O SORTEO DE CÁSINA"


Hoxe tiven a oportunidade de acudir no Teatro Colón, xunto cun grupo de alumnos que cursan Latín en Bacharelato, á estrea de "O sorte de Cásina", comedia plautina levada ás táboas por Noite Bohemia, a Compañía de Teatro do Instituto Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña, especializada en teatro grecolatino e teatro clásico español.

Uns novísimos actores e actrices deron vida aos personaxes que Plauto deixou inmortalizados na súa obra "Casina": o vello de conduta licenciosa Lisídamo, a súa desconfiada e astuta esposa Cleóstrata, os veciños Mirrina e Alcésimo, os escravos Calino e Pardalisca, o granxeiro Olimpio e tres Musas.

Entre moitos risos, gargalladas e unha linguaxe pícara, con toques modernos e actuais, contáronnos a historia dun vello libertino que se namora dunha escrava chamada Cásina. O vello intenta casala cun granxeiro, escravo seu, con quen estipulou certas infames condicións. Outro dos seus escravos descobre á súa muller o repugnante e cínico acordo e o vello remata humillado e desprezado por todos.

Parabéns a todos eles polo bo labor feito e grazas por facernos pasar un rato moi agradable!!!

29 de xan. de 2013

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 6 - 4ºESO

A influencia da cultura romana na sociedade actual esténdese tamén a algo tan cotián como o cómputo do tempo, os nomes dos días da semana, dos meses... Quizais non reparamos nunca niso, afeitos como estamos a un sistema case perfecto, e que só precisa dalgún retoque cada tantos centos ou miles de anos. Pero non sempre foi así.
Os romanos comezaron cun ano de 10 meses e un número indeterminado de días. Logo viñeron os anos de 12 meses e 355 días e, por último, a gran reforma xuliana, que fixou a duración da traslación da Terra arredor do Sol nos 365 días e 6 horas da actualidade.
Para aprender algo máis, ide á "Sección 4ºESO" e atopade as respostas ás cuestións que alí vos aparecen sobre este tema.
E, se despois queredes poñer en práctica o aprendido, picade no seguinte enlace, onde encontraredes actividades relacionadas con este tema.



17 de xan. de 2013

CUESTIÓNS TEÓRICAS - TEMA 16 - 2ºBACHARELATO

Estamos a traballar estes días o tema da lírica latina, un xénero literario que recolle todas as composicións poéticas que expresan emocións e sentimentos.
O nome de LÍRICA deriva da palabra grega "lyros", que era un instrumento musical de corda co que se acompañaban os poetas.
De feito, o xénero naceu ao amparo de danzas e melodías e, a medida que se foi desprendendo destas, volveuse máis complexo e intenso. Así, o baleiro musical compensábase coa perfección no uso das palabras. 

Como exemplo deste xénero, analizaremos composicións dos grandes poetas latinos, entre eles Catulo, Horacio, Ovidio...

Se picades na sección de 2ºBacharelato tedes uns vídeos coa recreación dalgúns textos poéticos deses grandes poetas clásicos.