Na clásica novela"A aguia da novena lexión", que escribiu Rosemary Sutcliff en 1954 e na que se basea o filme "A lexión da aguia", a escritora trata un acontecemento histórico moi estraño: a desaparición da Novena Lexión. Destacada durante varios anos en Eburacum, a actual cidade de York, no norte de Inglaterra, perdéuselle a pista no ano 120 d.C., dando pé á idea de que se adentraron en Escocia e nunca regresaron. Hoxe en día, os historiadores están divididos; algúns defenden a teoría de que a Novena Lexión desapareceu sen deixar pegada en Escocia, mentres que outros simplemente cren que foi trasladada a outro lugar. Sexa cal sexa a verdade, a súa desaparición é unha posibilidade histórica.
A novela, da que se venderon máis dun millón de exemplares, foi dramatizada para Radio 4, en Inglaterra, e adaptada en 1977 para unha miniserie de seis episodios de media hora cada un da BBC.
A ESCURA LUZ DO TÍBER, de Lola Gándara
Cos turbulentos e apaixonantes anos do Imperio Romano baixo o mandato do emperador Nerón como marco de fondo, unha mociña chamada Marcia vainos ir relatando os momentos de alegría, inocencia e dor que se combinan na súa vida. Descubrirá a amizade, a xenerosidade, a forza da fe e, por fin, o amor da súa vida. Pero antes diso, experimentará tamén a traizón e o odio ata chegar ao asasinato. Todas estas vivencias irá recolléndoas en tres diarios persoais que a acompañarán dende a súa adolescencia ata a súa madurez xunto ao seu namorado. Porque quizais, como ela ben di, "nada sexa eterno, salvo a palabra".
AS FILLAS DO CÉSAR, de Pablo Núñez
A primeira novela de Pablo Núñez é o relato da hipotética chegada e a estancia das fillas do César en Lucus Augusti (o actual Lugo) para levar a cabo unha perigosa misión. Na cidade da muralla as fillas do emperador atoparanse con dous pobos galaicos enfrontados: os aliados da poderosa Roma, os homes e mulleres das Sete Aldeas, e os maléficos sureños de Gualmar. A morte do aspirante ao trono celta complicará a situación, mais o consello de sabios recibirá unha nova que provocará un xiro inesperado nos acontecementos.
No finisterre do mundo coñecido, onde dúas civilizacións se dan a man, o perigo e a paixón axexan ás fillas do home máis poderoso do imperio.
Logo de seis anos de documentación e escritura, Pablo Núñez mostra na súa primeira novela unha sorprendente capacidade de recreación histórica que une a unha inxeniosa intriga, cun complemento de paixón e aventura. Lucus Augusti é á vez escenario e protagonista do relato, no que o autor aporta a vida nunha particular homenaxe a súa cidade.
O OURO DE AGRÍCOLA, de Enrique Vázquez Pita
Ano 837 da fundación de Roma. O cruel Domiciano goberna un vasto imperio que se estende dende Babilonia ata Hispania Este territorio sobrevive grazas á lealdade das lexións e dos milleiros de escravos que extraen ducias de toneladas de ouro das minas hispanas de Gallaecia. O senador Caio Plinio Segundo, envía ó seu liberto Severo ata o Porto dos Ártabros. Nesta remota illa galaica o xeneral Agrícola prepara a invasión de Caledonia, no norte de Britania. A misión de Severo é entregarlle a unha misteriosa dama unha importante mensaxe que pode cambiar o destino de Roma.
OS ASASINOS DO EMPERADOR, de Santiago Posteguillo
18 de setembro do ano 96 d. C. Un plan perfecto. Un día deseñado para escribir a Historia, pero cando todo sae mal a Historia xa non se escribe… improvísase: unha guerra civil, as feras do Coliseo, a garda pretoriana, traizóns, envelenamentos, delatores e poetas, combates na area, execucións sumarísimas, o último discípulo de Cristo, o ascenso e caída dunha dinastía imperial, loucura e esperanza, a erupción do Vesubio, un feixe de gladiadores, a amizade inquebrantable, Marco Ulpio Trajano, o mito das amazonas, unha gladiadora, nove emperadores, trinta e cinco anos da historia de Roma.
18 de setembro do 96 d. C. Un grupo de gladiadores dispostos a todo avanza polos sumidoiros de Roma. Nada nin ninguén os pode deter. Nin sequera a Historia.

Máis información en: www.losasesinosdelemperador.es
ROMA, de Steven Saylor
Nesta novela, Steven Saylor —escritor aclamado pola crítica internacional grazas ás súas recreacións do mundo romano— dá vida á epopea dos primeiros mil anos de existencia da cidade de Roma, dende antes da súa fundación por Rómulo e Remo, ata o seu incrible ascenso como capital do Imperio máis poderoso de todos os tempos.
Seguindo a variable fortuna das sucesivas xeracións de dúas familias a través dos tempos, que serán testemuñas e ás veces protagonistas dos acontecementos, esta é unha saga épica da cidade e das súas xentes, na que o autor mesturou con inigualable mestría historia, lenda e os descubrimentos arqueolóxicos máis recentes. Un fascinante relato que narra a traxedia do heroe-traidor Coroliano, o saqueo da cidade a mans dos galos, a invasión de Aníbal, o duro enfrontamento político entre patricios e plebeios e, finalmente, a morte da República co triunfo e asasinato de Xulio César.
Épica en todos os sentidos da palabra, Roma é unha saga histórica e a mellor novela de Saylor ata o momento.
O PRIMEIRO HOME DE ROMA, de Colleen McCullough
Caio Mario leva anos soñando con chegar a ser o primeiro home de Roma. Ese equilibrio perfecto entre poder, autoridade e reputación, unha honra que só pode ser conferida polos seus iguais. Para un romano non cabe máis alta distinción. E malia o desdén que asoma sen disimulo nos rostros dos fachendosos senadores, malia rebordar a idade do consulado sen chegar máis que a pretor, malia proceder dunha familia latina e de falar grego con rudo acento, aínda coñecendo cada unha das circunstancias que se alzan como un muro infranqueable entre el e a súa ambición, Mario é demasiado consciente do seu propio valor para renunciar a ese soño.
Caio Mario, o home novo -un itálico arribista para os aristocráticos senadores-, alíase co atraente Lucio Cornelio Sila, de liñaxe intachable e moral incerta, cuxa ambición se viu mortificada por anos de supina pobreza. Unidos por algo máis que os lazos da familia política, ambos son favoritos da fortuna. Pero os deuses non escollen ao chou: o seu excepcional talento militar e as súas miras políticas amplas levarán a Mario ao cume do poder dunha Roma anquilosada polos privilexios senatoriais e asolada pola corrupción, que vibra co debate político mentres miles de soldados, vítimas da incompetencia dos seus xenerais, son masacrados polos xermanos. E, con todo, os problemas do intransixente réxime republicano non fixeron máis que comezar.
A COROA DE HERBA, de Colleen McCullough
Tras rematar coa revolta de Saturnino, colofón do seu sexto consulado, Caio Mario, xa ancián, recupérase das pegadas do infarto, retirado temporalmente da vida política; mentres, Cornelio Sila, quen fora o seu lugartenente, coce a lume lento o seu desencanto. A poderosa República, esa Roma pagada de si mesma, acostumada a recorrer aos pobos itálicos para engrosar as voraces lexións, pero avara cos seus dereitos de cidadanía e cos beneficios das súas conquistas, ignora o conflito que se está conxurando ás súas costas tras lustros de rancor acumulado. Só Marco Livio Druso, tribuno da plebe, se dá conta do polvorín sobre o que se asenta a República e intentará poñer freo á inxustiza a través dun acordo secreto cos aliados peninsulares. Tras o asasinato de Livio Druso, mortas tamén as esperanzas itálicas, os pobos sometidos álzanse en armas contra Roma.
Tras as primeiras derrotas, Mario é novamente designado para salvar a cidade. Pero despois da vitoria inicial, un novo infarto déixao postrado. Sila deberá asumir o mando, revelando todo o seu potencial militar e alzándose coa coroa de herba baixo os muros de Pompeia. Concluída a guerra de Italia, o enfrontamento entre Mario e Sila estoupará con inusitada violencia, e Roma contemplará co consternada incredulidade as súas propias lexións marchar sobre a cidade. É o preludio da era do terror que transformará para sempre os alicerces da República.
FAVORITOS DA FORTUNA, de Colleen McCullough
Lucio Cornelio Sila dixo que vencería ao rei Mitrídates e regresaría a Italia para restaurar a República co esplendor de antano e así o fixo, á súa maneira. No ano 83 a.C. desembarca en Brindisi, de volta da súa campaña en Oriente, vitorioso pero avellentado e estragado pola enfermidade e os excesos do viño. Do seu rostro apolíneo apenas queda pegada, aínda que a súa intelixencia non minguou nada, nin tampouco a súa fortaleza e ambición.
Tras un ano de loita na península itálica, mortos Papirio Carbón e o fillo de Mario, Sila apenas ten xa oposición en Roma. A cidade, farta de guerras civís, de crises e incertidumes, noméao ditador por un tempo indefinido. As súas reformas intentarán restaurar a vella supremacía dun senado xa caduco, nunha Roma apenada polas proscricións, redimida co sangue daqueles que foron partidarios de Mario e Cina, e na que personaxes sen escrúpulos como Catilina ou cobizosos como Craso sacarán pequenos proveitos. Baixo a incontestable sombra de Sila, xurdirán outras salientables figuras, como o xoven e fachendoso Pompeio, decidido a labrarse o seu propio destino á marxe do senado e dos vellos preceptos, e sobre todo un mozo chamado Xulio César, que comeza a forxar a súa propia lenda.
AS MULLERES DE CÉSAR, de Colleen McCullough
En xuño do ano 68 a.C., Xulio César regresa da súa cuestura en Hispania. Durante os dez anos seguintes, o carismático e astuto líder permanecerá en Roma, forxándose como consumado político, persuasivo orador e profundo coñecedor das leis romanas. Afastado das campañas militares, as mulleres que comparten a súa intimidade, aquelas a quen realmente amou e que o amaron, apoiaron e protexeron, adquiren durante esta década un peso específico. A súa dócil e doce filla Xulia, peón complacente do seu xogo político; a súa soberbia e intrigante amante Servilia; Pompeia, a esposa repudiada, protagonista do escándalo da Bona Dea xunto a Clodio; Calpurnia, a esposa sensata e fiel, e tamén as vestais que viven baixo o seu teito tras acadar o grao de pontífice máximo.
César volverá a aliarse con Pompeio e Craso para se converter en incansables adversarios da facción máis conservadora do senado, os boni, encabezada por Catón e Bíbulo, inimigos feroces en perpetua loita. Epicentro do triunvirato, César conseguirá finalmente a provincia e o mando militar, cos que comezará a forxar a súa lenda.
CÉSAR, de Colleen McCullough
César chegou á metade do seu mandato proconsular nas Galias. En Roma a súa fama medra, alimentada pola fascinante e fluída prosa que adorna o ir e vir dos seus despachos senatoriais, onde o relato das súas fulminantes campañas se entrelaza con xenerosos eloxios aos seus legados e centurións. Quizais Pompeio sexa aínda o primeiro home de Roma, pero no foro acumúlanse agora as efixies de César. A súa rapidez para se desprazar, aparecendo onde menos o esperan, a eficiencia das súas obras de enxeñería, a súa intelixencia e a súa capacidade para resolver as trabas que se interpoñen no seu camiño e someter aos inimigos de Roma, non fai senón acrecentar máis e máis a súa figura.
Con todo, canto maior é a súa fama, máis evidente se fai o antagonismo dos boni. Morta Xulia e rotos con iso os lazos que o unían a César, Pompeio é atraído ao lado de Bíbulo e Catón. Xuntos traman a súa caída. Así, tras vencer á confederación gala liderada por Vercingetórix na épica batalla de Alesia, César é declarado inimigo de Roma, e ante si ábrese un difícil dilema: caer na ilegalidade e marchar sobre a cidade ou perdelo todo. Pero a súa dignidade está en xogo, por ela César descendería ata o mesmísimo inferno. Con dúas cohortes, cruza o Rubicón; os boni foxen de Roma e a guerra civil esténdese por todo o Mediterráneo. A República decae e só pode haber un vencedor.