AGNOSCO VETERIS VESTIGIA FLAMEA: LATINA LINGUA ET CULTURA IN MEA VITA

19 de feb. de 2013

TEATRO: "O SORTEO DE CÁSINA"


Hoxe tiven a oportunidade de acudir no Teatro Colón, xunto cun grupo de alumnos que cursan Latín en Bacharelato, á estrea de "O sorte de Cásina", comedia plautina levada ás táboas por Noite Bohemia, a Compañía de Teatro do Instituto Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña, especializada en teatro grecolatino e teatro clásico español.

Uns novísimos actores e actrices deron vida aos personaxes que Plauto deixou inmortalizados na súa obra "Casina": o vello de conduta licenciosa Lisídamo, a súa desconfiada e astuta esposa Cleóstrata, os veciños Mirrina e Alcésimo, os escravos Calino e Pardalisca, o granxeiro Olimpio e tres Musas.

Entre moitos risos, gargalladas e unha linguaxe pícara, con toques modernos e actuais, contáronnos a historia dun vello libertino que se namora dunha escrava chamada Cásina. O vello intenta casala cun granxeiro, escravo seu, con quen estipulou certas infames condicións. Outro dos seus escravos descobre á súa muller o repugnante e cínico acordo e o vello remata humillado e desprezado por todos.

Parabéns a todos eles polo bo labor feito e grazas por facernos pasar un rato moi agradable!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario